Xibutí - Djibouti
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema nacional: Unité, Egalité, Paix (francés: «Unidade, Igualdade e Paz») |
|||
Idiomas oficiais Outro |
árabe, francés Afar |
||
Capital | Cidade de Xibutí | ||
Presidente Primeiro Ministro |
Ismail Omar Guelleh Dileita Mohamed Dileita |
||
Área | 23.000 km² | ||
Poboación (estimada) | 476.700 (2005) | ||
Independencia | 27 de xuño de 1977 | ||
Moeda | Franco do Xibutí | ||
Hora | UTC+3 | ||
Hino nacional | (canción da Bandeira) | ||
TLD (Internet) | .DJ | ||
Código telefónico | +253 |
Xibutí é un pequeno país do noreste de África, antiga colonia francesa.
Índice |
[editar] Historia
A área de Xibutí ocúpase por varias etnias e está influida principalmente por dúas culturas: a etíope e a árabe, actualmente os afar ou "danaquiles" nos dous tercios septentrionais do territorio e a parcialidade somalí dos issa no tercio meridional coexisten conflictivamente neste pequeno estado. Estas etnias tiñan contactos comerciais regulares cós árabes dende tempos remotos e adoptaron o Islam coma a súa relixión.
No século XIX, Francia estableceu un protectorado nesta área, chamado a Somalia Francesa, gobernada por Léonce Lagarde. No ano 1967, o nomre foi trocado ao de Territorio Francés dos Afars e Issas. O 27 de xuño de 1977, concedéuselle a independencia como Xibutí.
Unha guerra civil liderada por rebeldes afar nos primeiros anos 1990 foi detida por un acordo de paz en 1994.
[editar] Goberno
O xefe de estado de Xibutí é o presidente, que é elexido por un período de seis anos. O presidente nomea a un primeiro ministro e encabeza o consello de ministros.
O ente lexislativo está formado pola Chambre des Deputes, o cal consiste en 65 membros que son electos cada cinco anos.
[editar] Xeografía
Xibutí atópase no leste de África, bordeando o Golfo de Adén e o Mar Vermello entre Eritrea, Etiopía e Somalia.
O seu territorio é principalmente desértico e o seu clima moi cálido. O centro do país é montañoso e divide a Xibutí na planicie costeria e unha meseta no interior. O punto máis baixo é o Lago Assal (-155 metros), e o máis alto é Moussa Ali (2,028 metros). Os recursos naturales de Xibutí inclúen a enerxía xeotérmica. Non existen superficies de terra cultivable, irrigación ou colleitas permanentes, nin clase algunha de bosque. O 9% do país forma parte de terras de pastoreo permanente.
[editar] Organización político-administrativa
Xibutí está dividido en seis distritos ou cercles:
1. Arta
2. Ali Sabih
3. Dikhil
4. Cidade de Xibutí
5. Obock
6. Tadjoura
[editar] Economía
A economía de Xibutí basease principalmente nos servizos relacionados coa localización estratéxica do país e a súa condición de zona de libre comercio no nordeste africano. Dous tercios dos seus habitantes viven na capital, co tercio restante composto principalmente por pastores nómadas. As reducidas precipitacións limitan a producción de productos agrícolas, polo que a maioría dos alimentos teñen que importarse. Hai moi poucos recursos naturais, e unha ausencia casi total de industria. Xibutí é polo tanto, altamente dependente en axuda internacional para soster á súa balanza de pagos e financiar proxectos de desenvolvemento.
Xibutí provee servizos coma porto de navegación para tránsito rexional e centro internacional de transbordo e recarga de combustibles. A inestabilidade rexional provocada polos conflictos entre Etiopía e Eritrea alterou, sen embargo, as canles de comercio normales.
O consumo por habitante reduciuse un 35% nos últimos sete anos debido á recesión, á guerra civil, e ao alto crecemento demográfico (aumentado pola chegada dun gran número de inmigrantes e refuxiados). O crecemento da deuda externa a largo plazo aumenta o retraso de Xibutí no ámbito económico, e complica o cumprimento das estipulaciónss impostas polos países que lle brindan axuda externa.
[editar] Demografía
A poboación está dividida en dous grupos principais, os Issa, o pobo somalí, que fan un 60% da poboación total, e os Afar, cerca do 35% do total. O resto está formado por europeos (maioritariamente franceses e italianos), árabes e etíopes. A presenza de dous grupos diferentes de poboación foi a causa da guerra civil nos primeiros anos 90.
Casi toda a poboación de Xibutí é musulmana, só un pequeno porcentaxe é cristián, principalmente os europeos que alí residen.
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |
Categorías: Países | África | Xibutí