Zambia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: One Zambia, One Nation inglés: Unha só Zambia, unha só nación |
|||
![]() |
|||
Idioma oficial Outras |
Inglés tonga, nianja |
||
Capital | Lusaka | ||
Presidente | Levy Mwanawasa | ||
Independencia | 24 de outubro 1964 | ||
Área | 752.614 km² | ||
Poboación estimada | 9.582.418 (2003) | ||
Moeda | Kwacha | ||
Hora | UTC +2 (pode ter horário de verán) | ||
Himno nacional | Stand and Sing of Zambia, Proud and Free | ||
TLD (Internet) | .ZM | ||
Código telefónico | 260 |
A Zambia é un país interior de África, limitado a norte co República Democrática do Congo e Tanzania; a este co Malaui; a sur co Mozambique, Cimbabue e Namibia; e a oeste co Angola.
Índice |
[editar] Historia
Visitada polos portugueses no século XVIII, a actual Zambia foi explorada polo británico David Livingstone. A penetración colonial iniciouse no ano 1890, por medio da British South Africa Company.
Antigamente chamada Rhodesia do Norte, en 1953 o Reino Unido intentou unila á Cimbaue e Malaui, pero os intereses dos colonos brancos de Cimbaue fixeron que en 1964 se separase, formando o novo estado de Zambia. O nome de Zambia débese ó río zambeze.
[editar] Goberno e Política
Zambia é unha república, na que o poder executivo reside no presidente -que é tamén o xefe de estado- e o primeiro ministro, elexido por un período de cinco anos por voto popular, xunto có vicepresidente xeral, designados ambos polo presidente. O goberno está composto por un gabinete elexido polo presidente entre os membros da Asemblea Nacional. O poder lexislativo é unicameral; o país non acepta a xurisdicción da Corte Internacional de Xustiza. O poder xudicial reside na corte suprema, aínda que os xuíces son designados polo presidente.
[editar] Economía
A economía depende, en gran medida, do cobre, mineral do que Zambia é un dos primeiros productores mundiais e que representa o 90% do valor das exportacións. Este país pertence ao chamado "cinturón de cobre", prolongación dos xacementos de Katanga O petróleo é importado e chega desde o porto de Dar es Salaam (Tanzania). Dentro do sector industrial destaca o tratamento de minerais (sobre todo o refino do cobre). Tamén é importante a producción de cemento e as industrias derivadas da agricultura: aceites vexetais, manufacturas do algodón, azucre, xabón, etc.
A agricultura atópase pouco desenrolada, centrándose básicamente nos cultivos de subsistencia: batata, cacahuetes, millo e mandioca. Tamén presenta cultivos de carácter comercial (algodón, café, cana de azucre, tabaco). Nos lagos e cursos fluviais practícase a pesca.
O turismo internacional, buscando os espazos naturais do país, constitúe unha importante fonte de ingresos.
[editar] Organización político-administrativa
Zambia divídese en nove provincias:
- Provincia Central (Kabwe)
- Provincia de Copperbelt (Ndola)
- Provincia Oriental (Chipata)
- Provincia de Luapula (Mansa)
- Provincia de Lusaka (Lusaka)
- Provincia do Norte (Kasama)
- Provincia do Noroeste (Solwezi)
- Provincia do Sur (Livingstone)
- Provincia Occidental (Mongu)
[editar] Xeografía
Zambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e hundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m no río Zambeze, que da nome ó país. A altitude media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma o Kafue, afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección noreste-suroeste, extendense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m.
Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, o Kafue e o Luangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Cimbabue, atópanse as cataratas Victoria. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Cimbaue e tamén da rexión de Livingstone en Zambia.
O clima é tropical, suavizado pola altura. As oscilacións térmicas estacionais varían entre os 15 °C (xullo) e os 20 °C (xaneiro).
[editar] Demografía
A poboación zambiana concentrase no alto Zambeze e ao longo do corredor da vía férrea norte-sur, donde se emplazan as cidades deste país, un dos máis urbanizados da África negra. Agás na capital, Lusaka, o resto de principais urbes están na rexión mineira próxima á R.D. do Congo.
No ano 2006, Zambia tiña unha poboación de 11.500.000 habitantes. O 99% é de raza negra e o restante é de raza blanca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é o ingles. A esperanza de vida é de 40 anos. O promedio de fillos por muller é de 5.39. O 80% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 16.5% da poboación está infectada có virus do VIH.
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |
Categorías: Países | África | Zambia