Galipedia
Commons
Un mosaico de 1200 imaxes da insignia da fundación de Wikimedia para celebrar que o arquivo "un millón" foi subido a Wikimedia Commons o pasado 30 de novembro. Este mosaico, baseado nunha idea de Brianna Laugher (Pfctdayelise) é unha demostración da diversidade abraiante dos arquivos que poden ser atopados en Commons. Wikimedia Commons ademais de fotografías, gráficos, diagramas, mapas, debuxos, acepta os formatos GIF e OGG (usando Theora codec) para vídeo e arquivos animados. Ogg é unha patente libre, con formato multimedia totalmente aberto e estandarizado. A maioría dos arquivos de vídeo de Wikimedia Commons son material histórico que está no dominio público debido á súa idade.
Un dos xeitos de achegarse a este repositorio multimedia é a través da Imaxe do día. Pode accederse ao rexistro mensual cunha escolma de imaxes destacadas. Elíxense por votación e podedes participar en Commons:Candidatas a imaxes destacadas. Cada certo tempo os usuarios galegos traducen e amplian os pés de foto de cada unha das imaxes para que estean dispoñibles na nosa lingua.
Commons en galego: Portada galega / Categoría Galicia / Galería Galicia / Material en galego / Usuarios galegos / Primeiros pasos
Técnica
- Activada a importación transwiki nos wikis en galego
Xa é posible transferir artigos entre os diversos proxectos da Wikipedia en galego mediante a importación transwiki. No rexistro de importacións hai unha listaxe das páxinas trasladadas con este sistema. Con frecuencia usuarios novos crean páxinas sen comprobar se o están facendo no sitio correcto. Antes da activación, o traslado debía facerse de xeito manual copiando o historial da páxina na páxina de discusión do novo artigo.
- Autoresumos
Entre as novas opcións de Mediawiki están os autoresumos, a idea non é nova porque xa se viña usando ao crear unha redirección. Nese caso, o resumo automaticamente recolle o texto Redirixida a .... Agora, entre os autoresumos MediaWiki, disponse dun que reseña as primeiras palabras dunha páxina nova, outro no cal se indica que o texto do artigo foi substituído por un novo e tamén avisa de que nunha páxina un usuario eliminou o contido. A utilidade dalgúns destes autoresumos está claramente relacionada coa prevención do vandalismo e asemade en facilitar a xestión do wiki.
Referencias nos artigos
Un dos aspectos en que se aprecia a evolución dunha Wikipedia é na utilización das referencias. Sendo un dos principios da Wikipedia o que non debe ser fonte primaria, os contidos dos artigos deben acreditarse con referencias ás fontes. Para iso existe a etiqueta <ref></ref>, trátase dun contedor onde vai a información da referencia. O software MediaWiki converte iso nun superíndice que remite ao pé da páxina onde se poña a etiqueta <references />
Neste exemplo tomado da páxina Galicia da Wikipedia en inglés vese o uso do tag que inclúe un modelo para formatar unha referencia a unha páxina web da Xunta de Galicia.
<ref>{{cite web | title=Anteriores Presidentes da Xunta de Galicia | publisher=Xunta de Galicia | url=http://www.xunta.es/presidentes | accessdate=2006-11-26 | language=Galician |quote=List of Presidents of Galicia on official website of the Galician government}}</ref>
O uso de <ref></ref> e independente do modelo que inclúa, porén a combinación cun modelo de cita fai o procedemento máis potente.
Participación
Votacións para borrar • Votación de bots • Artigo destacado • Imaxes para borrar
Wikimedia: Elección de Stewards en Meta
Entre o 25 de novembro e o 15 de decembro está aberta a votación para a elección de novos stewards en Meta. Os stewards poden axudicar ou retirar permisos de acceso (sysop, bureaucrat, checkuser, bot, oversight –só en en.wiki–) a calquera dos wikis da Fundación Wikimedia. Elíxense por un período aproximado dun ano e deben obter como mínimo 30 votos a favor cun 80% de índice de aprobación.
Interface do sistema checkuser (comprobar usuario) unha das funcións que realizan os Steward
Para poder votar, os usuarios deben ter unha conta válida en Meta cun enlace a outra conta dun proxecto no que estean participando desde hai tres meses. Os candidatos deben ter máis de 18 anos e revelar a súa identidade real aos representantes da Fundación Wikimedia, para afrontar no seu caso a responsabilidades legais derivadas do seu labor: User:Bastique (Cary Bass), User:Cspurrier (Craig Spurrier), User:Darkoneko, User:Dbl2010, User:Drini, User:Effe iets anders, User:guillom (Guillaume Paumier), User:Lar (Larry Pieniazek), User:M7 (Mario Benvenuti), User:MaxSem (Max Semenik), User:mzlla, User:Pathoschild, m:User:Redux, User:Shanel (Shanel Kalicharan), User:Taxman.
|
Comunidade
Novidades
O 20 de novembro publícouse a nova versión das estatísticas elaboradas por Erik Zachte a partir da copia do estado da base de datos o 31 de outubro 2006.
Colaboradores
Xosel. Entre o 7 de maio de 2005 e o 3 de febreiro de 2006 estivo connosco Xosel. Chegou a crear ducias de artigos, na súa maior parte procedentes da Wikipedia en portugués. Mesmo ideou e puxo en marcha un tradutor automático para facilitar o proceso. Aínda hoxe pasados uns meses segue sendo un dos colaboradores con máis edicións deste wiki.
Tarefas pendentes
- Homónimos: con frecuencia enlázase incorrectamente coa páxina de homónimos en lugar do artigo final. Corrixilo.
- Galizionario: o dicionario multilingüe en galego necesita acrecentar entradas. Editar.
- Artigos destacados: propoñer e revisar artigos para que se convirtan en destacados. Mellorar.
- Ademais seguen pendentes: PendenteCategoría (reducir os artigos sen clasificar) e En progreso (reclasificar en categorías específicas).
Algúns temas abertos en páxinas de discusión, axúdanos a pechalos:
- Talk:Galicia, A Habana: "O título así posto parece un topónimo,..." (No desterro)
- Talk:Dereito nobiliario: "¿Agnático ou agnaticio?.." (80.39.248.244)
- Talk:Historia de Galiza: "Polo que lin nesta páxina e no artigo os posicionamentos eiquí adoptados non evolucionaron o que si fixeron as teorias científicas baseadas na ciencia arqueolóxica,..." (Lansbricae)
- Talk:Sistema_operativo: "No gráfico coa cronoloxía, ¿non sería mellor separar en dúas columnas BSDs e GNU/Linux?..." (Miguel.lima)
- Aeróstato: "Creo que a categoría aviación non é correcta aquí,..." (Miñato)
- Futbolín: "...existen patentes de futbolín desde 1890, si Alejandro Finisterre nació en 1919 no pudo ser el inventor..." (85.55.166.128)
- Xabaril: "Pesos astronómicos. É certo que en algunhos casos pode alcanzar este peso..." (Samurais mission)
- Ernesto Rafael Guevara de la Serna "...el Che se llamaba Ernesto Guevara de la Serna, y su padre: ERNESTO RAFAEL..." (201.231.103.20)
- Dragon Ball "Alguén que non sexa Ip sabe algo disto?" (Lmbuga)
- Bravú: "Non quero cismar no asunto de Reixa, pero eu non o recordo no bravú senon antes, aínda que si lembro ter feito colaboracións. En canto a Herdeiros da Crus sempre renegaron do Bravú.." (212.51.56.26)
- Talk:Arao loro: "De sempre nas costa galega de Ferrol se lle chamou arao loro,.." (Miñato)
- Fórmula 1: "Sería conveniente atopar unha foto de Ayrton Senna..." (Fryant)
- Escaravello129eue.jpg: "Hallo, I am Siga from the german Wikipedia, and I noticed by chance that this picture is used in the article about beetles. But I assure you, that it is not from a Coleoptera, but from a Hemiptera" (84.158.239.55)
|