Xosé Manuel Martínez Oca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé Manuel Martínez Oca (A Estrada, 1 de xuño de 1942) é un escritor galego.
Entre 1953 e 1963 reside en Ourense. Fixo o servizo militar en Sidi Ifni (1964, onde publicou os seus primeiros traballos nunha revista local. Actualmente reside na Coruña.
Participou no Concurso de Narracións Modesto R. Figueiredo e foi premiado cinco veces. Publicou o seu primeiro relato en galego en 1976, Un home no corral. A súa primeira novela é A fuxida (1980). De 1981 é A chamada escura dos cavorcos, finalista do premio Blanco Amor, A espada na auga, que contén dous relatos longos, e Os lóstregos e a carballeira. En 1983 gaña o Premio Blanco Amor con Beiramar. En 1983 publica o libro de relatos breves Os chapurros. Traduciu a obra de Bernardin de Saint-Pierre, Paulo e Virxinia, en 1985. Detrás do silencio (1986) gaña o I Premio Manuel Casado Nieto de Narrativa. En 1988 dá a luz As florestas do Mañuema, unha novela de aventuras. Un ano e un día, unha novela xuvenil escrita en 1974, publícaa en 1990. En 1994 sae do prelo Diário de inverno e en 2003 O tempo en ningunha parte