Premio Blanco Amor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Premio Blanco Amor é un premio literario galego dotado con 12.000 euros que premia a unha novela longa en lingua galega, está convocado por 52 concellos galegos, rotando cada ano un dos concellos en calidade de organizador. Creado en 1981 en homenaxe a Eduardo Blanco Amor por iniciativa do concello de Redondela, a obra gañadora publícaa a editorial Galaxia
[editar] Gañadores
- 1981: Daniel Cortezón, A vila sulagada
- 1982: Víctor Fernández Freixanes, O triángulo inscrito na circunferencia
- 1983: Xosé Manuel Martínez Oca, Beiramar
- 1984: Alfredo Conde, Xa vai o Griffon no vento