Xosé María Díaz Castro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé María Díaz Castro (Guitiriz 1914 - Lugo 1979). Escritor galego.
Estudou no Seminario de Mondoñedo, aínda que non se ordenou, foi profesor en Madrid dende 1948
Autor dunha única obra, o poemario Nimbos (1961), pero que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección e pola súa preocupación por Galicia e os problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo. Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración de 1936 a carón de poetas coma Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Na súa obra móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza. Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", reflexiona sobre unha Galiza que permanece durmida, non refugando, sen embargo, a esperanza para a súa terra.