Mondoñedo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mondoñedo | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Mindoniense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Lugo |
Comarca: | Mariña Central |
Área: | 144 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 4.904 hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG ' (votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE ' (votos - %) Outros: -' (- %) |
Alcalde: | Luis Isidoro Rego Valcarce (PP) |
Eleccións municipais en: 'Mondoñedo' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | 988524003 |
Fax: | |
Código Postal: | 27740 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Mondoñedo é un concello da Provincia de Lugo en Galicia pertencente á Comarca da Mariña Central.
A súa poboación no 2004 era de 4.904 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (4.909 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Mindoniense
Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol, aínda que o bispo reside nesta última desde hai uns anos. Foi capital dunha das sete provincias galegas históricas até 1833.
O casco vello da cidade ten como centro a praza da catedral, cara onde conflúen todas as rúas. Os tellados das casas rematan nuns picos de pedra típicos chamados "ameas" para protección do vento.
Índice |
[editar] Xeografía
- Río Masma
- Río Valiñadares
[editar] Historia
A primeira mención a Mondoñedo é de 1112: a raíña Urraca traslada a Sé Episcopal de San Martiño de Mondoñedo a Vilamaior do Val de Brea, ou Valibria, a actual Mondoñedo. En 1156 Afonso VII concédelle a categoría de cidade. A Sé Episcopal trasladouse a Ribadeo entre 1182 e 1230 para fomentar o poboamento desta vila.
O episodio máis sonado da historia antiga de Mondoñedo foi a decapitación do mariscal Pardo de Cela. Acusado de traizón e apresado no seu castelo da Frouseira, a súa muller obtivo o perdón da raíña Isabel a Católica, pero os inimigos do Mariscal detiveron os portadores do indulto real na ponte do Pasatempo o tempo preciso para que fose executado.
[editar] Sociedade e economía
Evolución da poboación de: Mondoñedo - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
10.590 | 8.673 | 8.533 | 6.946 | 4.904 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
[editar] Lugares de Mondoñedo
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondoñedo vexa: Lugares de Mondoñedo.
- A catedral é Monumento Nacional. Foi construída polo bispo Martiño entre 1230 e 1248 e conserva a porta románica primitiva. Conta cun rosetón oxival do século XIII; as xanelas barrocas, as torres e o frontón son do século XVIII, mandados facer polo bispo Muñoz e Salcedo. No interior, a cabeceira é de estilo románico e vaise tornado en oxival conforme avanzan as naves. Por baixo dos dous órganos do século XVIII hai pinturas murais do século XIV; unhas representan a Degolación dos Inocentes e as outras cenas da vida de San Pedro. O museo catedralicio contén pezas arqueolóxicas da catedral e das parroquias veciñas, tallas, pinturas, gravados, retablos e outros obxectos litúrxicos.
- Santuario dos Remedios, construído a mediados do século XVIII polo bispo Sarmiento en estilo barroco.
- Hospital de San Paulo, construído tamén na mesma época. Por riba da porta destacan o escudo de Mondoñedo e o propio de Sarmiento.
Disque Sarmiento tiña a "doenza da pedra" polas moitas construcións que fomentou e que quixo abrir unha canle polo Masma para traer a auga do mar até Mondoñedo.
- A Alameda, situada entre o santuario dos Remedios e os Hospital de San Paulo, foi plantada en 1594 polo rexedor Luís de Luaces, que celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa. Hai un monólito conmemorativo.
- Mosteiro de Alcántara, do século XVIII, abandonado na actualidade.
- Convento da Concepción, de comezos do século XVIII, construído para acoller as monxas concepcionistas que habitaban no pazo de Couto do Outeiro, sen se ateren aos canons do Concilio de Trento.
- Pazo do rexedor Luaces, número 6 da praza da Pena de Francia, de estilo gótico isabelino.
- Consistorio Vello, construído no século XVI. Ten un escudo de Carlos V na fachada, un eneixado de ferro forxado e unha forneliña a San Roque, por un antigo voto do concello. Actualmente é a biblioteca municipal.
- Pazo Episcopal, incendiado en 1832 e moi restaurado logo.
- Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro, construída en 1548 polo bispo Diogo de Soto. Ten os escudos de Carlos V e do propio bispo.
- Capela de San Roque, do século XV.
- Ponte do Pasatempo, nos Muíños de Arriba, onde tivo lugar a dramática escena do final da vida de Pardo de Cela. Cruza o río Valiñadares, no que houbo noutrora moitos muíños. Ten un único arco de medio punto de 7 m. de luz construído en xisto e cantería coa calzada alombada e grosos muros.
- Seminario de Santa Catarina, do século XVIII, cunha balconada de ferro, os escudos dos fundadores, e a imaxe de Santa Catarina.
- Casa do Concello, pazo do século XVIII. Ten un escudo da cidade na fachada. Foi cuartel.
- Cuartel da Garda Civil, antigo pazo do século XVIII, con escudos.
A cinco quilómetros atópanse as Covas do Rei Cintolo.
[editar] Persoeiros
- Alvito de Mondoñedo
- Álvaro Cunqueiro
- Xosé Díaz Jácome
- Manuel Leiras Pulpeiro
- Antonio Noriega Varela
- José Pacheco
- Pascual Veiga
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Mondoñedo
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Mondoñedo | |
---|---|
Argomoso (San Pedro) |O Carme (Nosa Señora do Carme) | A Couboeira (Santa María Madanela) | Figueiras (San Martiño) | Lindín (Santiago) | Masma (Santo André) | Mondoñedo (Nosa Señora do Carme) | Oirán (Santo Estevo) | Os Remedios (Nosa Señora dos Remedios) | San Vicente de Trigás (San Vicente) | Santa María Maior (Santa María) | Santiago de Mondoñedo (Santiago) | Sasdónigas (San Lourenzo) | Vilamor (Santa María) | Viloalle (Santa María) |
[editar] Enlaces externos
- Mondoñedo. O portal de Mondoñedo.
- Fotos de Mondoñedo
- O Portal de Mondoñedo
- Mondoñedo. Mindoniense. Todo sobre Mondoñedo.
- Información sobre Mondoñedo
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||