-492
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
-493 < -492 < -491
Calendario gregoriano | -492 ' |
Ab urbe condita | 261 |
Calendario armenio | N/A |
Calendario chinés | 2204 – 2205 |
Calendario hebreo | 3268 – 3269 |
Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
-437 – -436 N/A 2609 – 2610 |
Calendario persa | 1114 BP – 1113 BP |
Calendario musulmán | 1149 BH – 1148 BH |
Calendario rúnico | -242 |
Índice |
[editar] Acontecementos
- En Roma, consulado de T. Geganius Macerinus e P. Minucius Augurinus
- Cleómenes I, rei dos lacedemonios, expulsa do trono ao segundo rei, Demarate, hostil aos seus proxectos contra Atenas e Exina. Demarate refúxiase con Darío I.
- Iníciase a primeira expedición do rei persa Darío I contra Grecia baixo a o mando do seu xenro e xeneral, Mardonio. Darío envía a Mardonio á Xonia a substituir o seu sátrapa, Artaphernes e co encargo de facerse coa Tracia e impór o seu protectorado na Macedonia. A súa campaña contra a Grecia é un fracaso: boa parte da frota persa é destruída por unha tempestade ao bordear o monte Athos. Segundo Heródoto, perdéronse 300 embarcacións e máis de 20.000 homes. Os brixios atacan o acampamento persa e matan a moitos persas. Mardonios é ferido mais consegue derrotalos.
- Milcíades debe fuxir do Quersoneso de Tracia e refúxiase en Atenas. Alí acúsaselle de tiranía, mais logo é absolto.
- En Sicilia, a colonia de Siracusa Camarina rebélase. Hipócrates, tirano de Xela intervén para se enfrentar a Siracusa. Após vencer o exército no río Heloro, sitia a cidade. Porén, diante da intervención de forzas provenientes de Corinto, decide retirarse a cambio de Camarina.
[editar] Nacementos
[editar] Mortes
- Bimbisara, rei de Magadha
- Pitágoras, matemático grego (n. cara o 572)