A Burla Negra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Burla Negra, tamén coñecido na historiografía e na literatura pola súa tradución inglesa de Black Joke foi un bergantín pirata capitaneado polo galego Benito Soto a principios do século XIX.
En realidade, este foi o nome que lle puxo Soto ao buque, denantes chamado O Defensor de Pedro, cando se amotinou e o transformou de buque brasileiro escravista a nave pirata, entre 1827 e 1832, posto que as fontes varían.
A Burla Negra embarrancou nas augas da Baía de Cádiz entre decembro de 1829 e marzo de 1832.
Moitos anos despois, en 2002, a Plataforma contra a Burla Negra, unha asociación de artistas en protesta pola catástrofe de Prestige, recollería o seu nome.