O Defensor de Pedro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Defensor de Pedro era un bergantín escravista, de bandeira brasileira, de principios do século XIX.
Con base en Río de Xaneiro, levaba o nome en referencia a Pedro I, o primeiro rei de Brasil, e pertencía á Armada brasileira. Logo foi vendido a mans privadas, que o dedicaron ao tráfico de escravos entre Sudamérica e África. A finais de novembro de 1827 produciuse a bordo d'O defensor de Pedro' un motín, liderado polo galego Benito Soto, que se fixo co mando da nave. Unhas fontes din que o capitán foi asasinado e outras que o ceibaron nas costas de Guinea. A partir dese momento, o barco mudou o seu nome polo de A Burla Negra.