A Habana - La Habana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Habana (La Habana) é a capital de Cuba e a máis grande cidade do Caribe, con 2.201.610 millóns de habitantes (2002).
[editar] Historia
O conquistador Diego Velázquez de Cuéllar funda a primeira cidade da Habana na costa sur da illa de Cuba no 1515, mais logo deplázaa á súa posición actual no 1519.
A Habana era na orixe un porto de comercio, e converteuse na capital da colonia española no 1607, e a partir diso no porto español máis frecuentado do Novo mundo.
A Habana foi queimada por bucaneiros en 1538. Os ingleses conquistáronna no 1762, mais trocáronna pola Florida ao ano seguinte. Despois de recuperala, os españois converteron a cidade na máis fortificada das Américas.
Nos anos 20 (século XX), durante a prohibición nos Estados Unidos, A Habana convértese no destino de predilección dos americanos; os casinos e nightclubs construíronse a mancheas. Mais a maior parte pecháronse en 1959, cando a revolución cubana.
A Habana ten moita herdanza da arquitectura colonial española, e foi clasificada coma patrimonio da humanidade pola UNESCO.
O aeroporto internacional da Habana ten o nome de Aeroporto Internacional José Martí.