Aeroporto de Peinador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aeroporto galego situado en terreos dos concellos de Mos, Redondela e Vigo. Está situado a 10 quilómetros do centro desta última cidade. Conta cunha ampla oferta de viaxes regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Canarias, Alacante, Sevilla e París, ademais dos voos chárter. É o segundo aeroporto galego por número de pasaxeiros, voos e transporte de mercadorías por detrás do Aeroporto de Lavacolla e por diante do Aeroporto de Alvedro. Na actualidade rexistra unha forte competencia co Aeroporto de Sá Carneiro de Porto (Portugal).
[editar] Ligazóns Externas
Información do Aeroporto de Peinador en AENA (Aeropuertos Españoles y Navegación Aerea)