Airbus A320
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Airbus A320 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, dun só corredor e de curto a medio alcance. Foi o primeiro modelo de avión con mandos electrónicos fly-by-wire, de forma que o piloto controla as partes móbiles do avión a través do uso de impulsos electrónicos en vez de mediante palancas e sistemas hidráulicos.
Deste modelo derivaron posteriormente as versións acurtadas A318 e A319 e a versión alongada A321.
[editar] Historia
Despois do éxito do A300, Airbus comezou a desenvolver un novo modelo destinado a reemprazar ao avión máis popular no mundo no momento, a Boeing 727. O novo Airbus debería ter o mesmo tamaño, e ofrecer un avión máis económico de operar e que permitise varias configuracións de pasaxeiros. A tecnoloxía dixital do A320 superaba con moito á tecnoloxía analóxica do 727 e tamén estaba por riba das series 300, 400 e 500 do Boeing 737. O A320 foi elexido por moitas aeroliñas como o substituto das súas frotas de 727 e das primeiras variantes do 737.