Albumina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A albumina é unha proteína que se atopa en gran abundancia no plasma sanguíneo, sendo a principal proteína do sangue. É sintetizada no fígado.
A concentración normal de albumina no sangue humano oscila entre 3,5 e 5,0 gramos por litro, e supón ao redor do 50% da proteína plasmática. O resto de proteínas presentes no plasma chámanse en conxunto globulinas. A albumina é fundamental para o mantemento da presión oncótica, necesaria para a distribución correcta dos líquidos corporais entre o compartimento intravascular e o extravascular, localizado entre os tecidos. A albumina ten carga eléctrica negativa. A membrana basal do glomérulo renal, tamén está cargada negativamente, o que impide a filtración glomerular da albumina á ouriños. No síndrome nefrótico, esta propiedade é menor, e pérdese gran cantidade de albumina pola ouriños.
Debido a que pequenos animais por exemplo as ratas, viven cunha baixa presión sanguínea, necesitan unha baixa presión oncótica, tamén necesitan unha baixa cantidade de albumina para manter a distribución de fluídos.
[editar] Funcións da albumina
- Mantemento da presión oncótica.
- Transporte de hormonas tiroideas.
- Transporte de hormonas liposolubles.
- Transporte de ácidos graxos libres.
- Transporte de bilirrubina non conxugada.
- Transporte de moitos fármacos e drogas.
- Unión competitiva con ións de calcio.
- Control do pH.
[editar] Causas da deficiencia de albumina
- Cirrose hepática: Por diminución na súa síntese hepática.
- Desnutrición.
- Síndrome nefrótico: Por aumento na súa excreción.
- Trastornos intestinais: Perda na absorción de aminoácidos durante a dixestión e perda polas diarreas.
- Enfermidades xenéticas que provocan hipoalbuminemia, que son moi raras.