Leite
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Leite significa normalmente o líquido nutritivo producido polas glándulas mamarias das femias dos mamíferos. O leite é a principal fonte de nutrición para os recén nacidos ata seren capaces de dixerir alimentos máis diversificados.
A palabra "leite" tamén pode usarse para designar:
- o zume branco do coco, aínda que non teña o valor nutritivo do leite animal, mais úsase frecuentemente no seu canto en culinaria.
- substitutos non procedentes de animais, tales como leite de soia, de améndoa ou de arroz.
Índice |
[editar] O leite humano
O leite humano ten características variadas dependendo da idade xestacional do recén nacido, da idade cronolóxica do recén nacido e da duración do amamanto en si. O leite producido pola nai dun recén nacido prematuro ten máis inmunoglobulinas (=anticorpos) que o producido pola nai que deu a luz a un recén nacido de termo. Nos primeiros días de idade o leite ten características ben diferentes, contendo pouca graxa e máis inmunoglobulinas, é a chamada calostra.
En relación á amamantación en si, o leite inicialmente ten menos graxa (leite anterior) que o leite que sae despois dun tempo maior de mamada (o leite posterior).
En relación aos humanos, é común que a nai teña pouco leite logo despois do parto, principalmente cando é o seu primeiro fillo. A "baixada" do leite pode demorar ata uns catro días e coñécese como apoxadura.
[editar] O leite de vaca
O leite de vaca é o mais utilizado na alimentación humana, é rico en vitamina A e calcio.
[editar] Categorías
[editar] Leite Tipo A
Móxese sempre con máquina e o leite vai directo a un tanque de frío, e xa sae para a máquina embaladora. Canto á composición, a diferenza entre o A e o B é ben pequena. Os dous son practicamente integrais. O tipo A ten máis graxa e menos proteína que o tipo B.
[editar] Leite Tipo B
As vacas permanecen nas cortes, o que axuda ao mantimento das condicións de hixiene. Pódese muxir o leite manual ou mecanicamente. O lugar de almacenamento é máis sofisticado que o tipo C. Permite unha refrixeración a temperaturas máis baixas.
[editar] Leite Tipo C
Pódese muxir o leite manual ou mecanicamente e as vacas fican soltas no pasto. O leite almacénase en abrigos rústicos, mais refrixerados, antes de seguir para a fábrica onde será embalado. Presenta un contido de graxa do 3%, aproximadamente. As fábricas utilizan o restante para producir Manteiga, Queixo e derivados.
[editar] Leite de outros animais
Ademais de leite humano e leite de vaca, tamén se utiliza o leite dos seguintes animais para produtos lácteos:
- Ovellas
- Cabras
- Búfala de auga
- Camelos femia(incluíndo os camélidos suramericanos)
- Yaks femia
- Eguas
- Burras
- Reno femia
[editar] Outros produtos lácteos
- Leite condensado
- Leite en po