Alejandro Jodorowsky
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alejandro Jodorowsky Prullansky (Tocopilla, 7 de febreiro de 1929)
Este artista polifacético chileno de orixe xudía-ucraniana é escritor, lector de tarot, chamán, sicomago, caricaturista, mimo, curandeiro, actor, amigo de Pablo Neruda, de André Breton (a quen viu cagando na súa casa segundo conta) e de Goyo Cárdenas, discípulo de Pachita, coñecido de Carlos Castaneda, director e conferenciante entre outras cousas. Ós 23 anos, queimou as sus fotografías e deixou Chile. Viviu en México e, na actualidade, reside en Francia. Fundou, con Roland Topor e Fernando Arrabal, o Grupo Pánico.
[editar] Biografia
Jodorowsky chegou a México tras pasar seis anos ó lado de Marcel Marceu en París (1953), cando escribiu secuencias das súas obras The Mask y The Cage. Ó chegar a México en 1960, iníciase na meditación Zen co maestro Ejo Takata e na psicoloxía con Erich Fromm en Cuernavaca (México). Anos despois, ó voltar a París, fundou o movimento pánico con Topor e Arrabal.
En 1967, o pai do seu secretario particular ofreceulle cartos para realizar a súa seguinte obra teatral. Rodou con el o seu primeiro filme, Fando y Lis, adaptación da obra homónima de Arrabal. A obra, protagonizada por Sergio Kleiner, Sergio Ramos “El Comanche”, a súa esposa Valerie e Juan José Arreola, proxectouse no festival de Acapulco en México, e Jodorowsky tivo que fuxir del por intento de linchamento.
En 1971 apareceu a súa segunda incursión cinematográfica: El Topo, western de culto instantáneo, no que participaron como actores o seu fillo Brontis, Alfonso Arau e Mara Lorenzio.
El Topo deulle recoñecemento internacional, grazas a que John Lennon, a través do seu epresentante Allen Klein, lle ofreceu distribuir e financiar parte do seu seguinte proxexto: The Holy Mountain (73). A estrela principal sería George Harrison, que declinou a oferta cando Alejandro lle presentou a esixencia de mostrar un primeiro plano do seu ano.
The Holy Mountain levouno a emprender o seu proxecto máis ambicioso, a dirección da película Dune. Jodorowsky traballou nela durante máis de 5 anos, invitando a participar a Orson Welles e Salvador Dalí (quen cobraría 100.000 dólares por unha hora e que aceptou a contragusto a oferta no seu hotel de Barcelona), baixo a dirección artística do debuxante francés Jean “Moebius” Girard.
Tras retrasar o proxecto infinidade de veces, a compañía produtora retirouse, deixando máis de 3.000 debuxos realizados por Moebius, que, anos despois, se converterían na alma do cómic L´Incal.
Despois de pasar cinco anos sen dirixir, filma Tusk (78), unha produción francesa rodada na India. Contra a súa voluntade, dirixe The Rainbow Thief (90), protagonizada por Omar Sharif e Peter O’Toole, un dos seus maiores fracasos debido ás presións da compañía, que tomou o control do filme. Jodorowsky rodou en México a súa cuarta longametraxe: Santa Sangre (1989), producida por Claudio Argento e protagonizada polos seus fillos Cristóbal e Adán.
Actualmente Jodorowsky vive en Vincennes, París, onde dá clases de tarot e conferencias sobre os seus descubrimentos (a psicomaxia e a psicoxenealoxía) no Cafe Le Temeraire do Boulevard Domenil.
[editar] Obras
Cinematografía:
- Fando y Lis (México, 1970)
- El Topo (México, 1971)
- La Montaña Sagrada (México, 1973)
- Tusk (1980)
- Santa Sangre (1989)
- El Ladrón del Arcoíris (1990)
Historietas:
- Aníbal 5 (México, 1966), con el dibujante Manuel Moro Cid.
- El Incal (Francia, 1980), con el dibujante Jean Giraud.
- Alef-Thau (Francia, 1982), con los dibujantes Arno y luego Al Covial.
- El Lama blanco (Francia, 1988), con el dibujante Georges Bess.
- La casta de los Metabarones (Francia, 1992), con el dibujante Juan Giménez.
Literatura:
- La Sabiduria de los chistes (1998)
- El Niño del Jueves Negro (1999)
- La Trampa Sagrada (2000)
- Donde mejor canta un pájaro (2001)
- Albina y los hombres-perro (2001)
- La danza de la realidad: Psicomagia y psicochamanismo (2001)
- El Paso del ganso (2002)
- La sabiduría de los cuentos (2002)
- El Tesoro de la Sombra (2003)
- No basta decir (2003) (poesía)
- Psicomagia (2004)
- El dedo y la luna (2004)
- Piedras del camino (2004)
- La vía del Tarot (2004)