Zen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo debe incluir o material procedente de budismo Zen
Zen é o nome xaponés dunha rama do Budismo Mahāyāna, practicado orixinalmente en China como Chan, e subsecuentmente en Korea, Xapón, e Vietnam. O Zen enfatiza o papel da meditación (zazen) na percura da Iluminación. Ademais disto, o zen tense chamado como “un xeito de vida, traballo e arte”.
O Zen é o nome desta rama do Budismo en Xaponés e noutras linguas; sen embargo, hoxe en día, o Zen é un fenómeno internacional, con centros en multitude de países.
De feito é unha das escolas budistas mais coñecidas e de maior expansión no Ocidente.
A súa práctica básica é a meditación Zazen. Hai dúas vertentes principais: Soto e Rinzai. Mentras o Zen soto dá maior énfase á meditación silenciosa, o Zen rinzai fai un uso amplo dos koans.
Índice |
[editar] Extensión do Zen
Tradicionalmente, o Zen procede do Budismo indio, onde era coñecido como "dhyāna" (ध्यान), un termo Sánscrito por meditación. Este nome foi transliterado en chinés como Chán (禪 / simplificado en xapón a 禅); "Chán" pasou ao coreano como Seon, ao vietnamita como Thiền e ao xaponés como "Zen."
Dacordo á tradición, o Zen foi fundado en China por Bodhidharma(Daruma en xaponés), un monxe Budista indio. Foi o 28avo na liña de transmisión desde Kasyapa, o discipulo de Buda. De acordo á lenda, pasou nove anos meditando diante dun muro antes de aceptar discípulos.
Na China, o Chan foi influenciado polo Taoísmo; de China pasou á Corea e, a través de monxes coreanos, arredor do século VII, chegou ao Xapón.
Zen | |
---|---|
Nome Sánscrito | |
Sánscrito | ध्यान dhyāna |
Nome chinés | |
Hanyu Pinyin | Chan |
Wade-Giles | Ch'an2 |
Cantonese Jyutping | sim4 |
Grafía chinesa tradicional | 禪 |
Grafía chinesa simplificada | 禅 |
Nome Coreano | |
Romanización do coreano | Seon |
McCune-Reischauer | Sŏn |
Hangul | 선 |
Hanja | 禪 |
Nome Xaponés | |
Romaji | Zen |
Kanji | 禅 |
Nome Vietnamita | |
Quốc ngữ | Thiền |
É importante salientar que Chan, Seon e Zen continuaron a se desenvolver separadamente nos seus países de orixe, e seguen a manter identidades separadas hoxe en día.
[editar] Zen no Xapón
As seguintes ramas Zen existen hoxendia no Xapón: Rinzai, Soto, e Obaku. Orixinalmente formulado polo mestre Chinés Linji (Rinzai en Xaponés), a escola Rinzai foi introducida no Xapón no 1191 por Eisai. Dogen, quen estudara en Eisai, levou o Caodong, ou escola Zen "Soto" ao Xapón desde China. Obaku foi introducido no sec XVII por Ingen, un monxe Chinés.
[editar] Zen e Budismo
Zen é considerado por algúns como non necesariamente unha relixión Budista , de feito algúns cristiáns teñen sido recoñecidos formalmente como mestre Zen. Zen a miúdo descrébese como “un xeito de vida”, sen depender nunha cultura en concreto.
Ao mesmo tempo, as institucións que apoian a práctica Zen recoñécense como Budistas e como seguidores dos ensinos de Gautama Buddha. Por iso, na práctica, o zen é unha clase de budismo.
Zen non é unha filosofia intellectual ou unha percura solitaria: o Zen enfatiza na práctica meticulosa, incluindo retiros periodicos para meditación. A práctica colectiva é valorada como un xeito de escapar das trampas do “ego”.
[editar] Ser Zen
O Zen é un método. O Zen é unha actitude. O Zen pode ata mesmo ser unha filosofía. Non no sentido clásico, mais no sentido de filosofía de vida, mais esencialmente o zen é budismo, e polo tanto unha relixión.
Ser Zen é adotar unha atitude mental de "non sei", sempre e sobre todo.
Ser Zen budista é tentar ver a vida como ela é, sen fantasias e sen predisposición ou preconceptos. Ser Zen, enfín, é aceitar a vida e a morte como fenomenos que caracterizan unha fase da materia.
En todo que se fai na vida, en todos os lugares, en todos os momentos, podese adotar unha atitude Zen de non esperar nada e estar preparado para todo.
A actitude Zen é facer unha cousa de cada vez, e facéla ben. Se estás durmindo, entón durme; se estás correndo, entón corre; se estás escrebendo, entón escrebe... ou sexa, coloca a túa mente e o teu corpo enteiramente naquilo que estás facendo. E fai unha cousa de cada vez.
O Zen é, tamén, a arte de facer sen facer. É a arte de facer que as cousas se fagan a si mesmas. Para a maioría das persoas isto é o máis difícil de entender, pois esta atitude non é unha atitude de indiferenza, inacción, aceitación ou subserviencia. Ao contrario, a actitude Zen implica que cada un e todos deben tomar o seu destino -- e o destino dos outros -- nas súas proprias mans. E responsabilizarse persoalmente de todo que acontece.
Como técnica, o Zen está baseado na meditación. E meditar é manter unha mente relaxada, aberta, concentrada mais sen tensión. Porén, chamarse budista Zen implica, no formato tradicional, pertencer á institución, tendo asumido perante a comunidade o compromiso cos preceitos budistas, a transmisión do mestrado tamén está vencellada ao contacto cun mestre cualificado e ordenado que posúe a posibilidade de transmitir e recoñecer un discípulo preparado.
A meta final do Zen é a iluminación (satori). A iluminación, imposible de explicar con palabras, consiste en tornarse como un espello totalmente polido e totalmente limpo: el reflete con perfección a realidade. Este estado de perfecta limpeza dos pensamentos só pode ser recoñecido por un mestre que xa o atinxise anteriormente.
[editar] Zazen
A meditación Zen chamase zazen. Zazen tradúcese aproximadamente por meditación sentada, ainda que na práctica podese practicar noutras posturas. A postura formal é a posición do loto ou medio loto, sentado sobre un coxín (zafu) ou senón nunha cadeira. Os practicantes percuran transcender o pensamento e ser directamente conscentes do universo.
A meditación Zen, ou Zazen, pode ser practicada de forma benéfica por ateos ou por relixiosos, pois o Zen beneficia o ser humano, sen distinción; sen embargo, a práctica do zen, cos seus mais profundos obxectivos espirituais, vai moito mais aló da mera meditación como técnica.
[editar] Ligazóns externas
En inglés:
- Open Directory Project: Zen Centers
- Dicionario de Budismo
- Budismo Zen WWW Virtual Library
- textos Zen
En galego: