Aleutianas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As illas Aleutianas (posiblemente o nome ven da lingua chukchi aliat, illa) forman unha cadea de pequenas illas volcánicas que forman un arco situado no norte do Océano Pacífico e que se extende ao longo de 1.900 km dende o extremo da Península de Alasca ata a Península de Kamchatka. Case todo o arquipélago forma parte do estado de Alasca, Estados Unidos, pero o extremo oeste pertence a Rusia. Segundo o censo do ano 2000 as Aleutinas tiñan 8.162 habitantes, deles 4.282 concentrados na cidade de Unalaska
[editar] Xeografía
As illas, coñecidas antes de 1867 como o arquipélago de Catarina, comprende catro grupos- Fox, Andreanof, Rat e Near. Localizadas entre os 52 e 55 graos Norte e 172 graos Leste e 163 graos Oeste.
A gran maioría das illas mostran as marcas da súa orixe volcánica e hai numerosos volcáns na parte norte da cadea, algúns aínda activos, Shishaldin (3041 m), en Unimak, é o máis importante.
O clima das illas é oceánico, con temperaturas moderadas e uniformes e con abondosa chuvia. As néboas son constantes. A temperatura media anual de Unalaska, a illa máis importante do grupo, é 3'4 ºC, e en xaneiro a media é de 1'1 ºC e 11'1 ºC en agosto, 250 días de chuvia por ano (2032 mm.)
[editar] Historia
Os Ungangan son o pobo orixinario das Aleutianas, coñecidos internacionalmente como aleutianos. A súa lingua está relacionada coas linguas inuit. Moitos antropólogos cren que os primeiros seres humanos en pisar América seguiron a rota das agora illas Aleutinas que entón formaba un paso de terra entre Asia e América.
En 1741 o goberno ruso enviou a Vitus Bering, un danés ao servizo de Rusia, e a Alexei Chirikov, nunha viaxe de exploración ao Pacífico Norte. Chirikov descubriu moitas das illas Aleutianas orientais, e Bering a maioría das occidentais. Nas illas establecéronse compañías comerciais rusas dedicadas ao comercio de peles, algúns aleutianos mesmo foron transferidos ás Illas Pribilof para cazaren lontras mariñas. As illas pertenceron a Rusia ata a merca de Alasca polos Estados Unidos en 1867.