Alexandre III de Rusia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alexander Alexandrovich Romanov ou Alexandre III ( Александр III Александрович) (1845 – 1894) foi o zar de Rusia entre o 14 de marzo de 1881 e o 1 de novembro de 1894.
Alexandre foi o segundo fillo de Alexandre II de Rusia e María de Hesse, e ao non ser o herdeiro ao trono recibe a desaxeitada educación que entón recibían os grandes duques, pero logo da morte do seu irmán maior en 1865 baixo a dirección de Pobedonostsef recibe unha educación tradicionalista e antidemocrática que seguirá cando chegue ao trono. En 1866 casa con Dagmar de Dinamarca, a segunda filla do rei de Dinamarca, Cristián IX. Dagmar, unha moza fermosa (ainda que non posuía a beleza da súa irmá, que casara co Príncipe de Gales en 1863), estivera prometida co irmán maior do futuro Alexandre III. Se ben parecía que a unión non tería futuro, resultou ser unha parella unida e feliz, e xuntos tiveron seis fillos. En 1868 naceu o seu primeiro fillo, o futuro zar Nicolás II. Un ano más tarde naceu otro neno, ao que lle puxeron o nome de Alexandre, pero morreu ao ano seguinte. En 1871 naceu un fillo máis, Xorxe, e catro anos máis tarde, en 1875, naceu a primeira filla, Xenia (pronunciado Ksenia), que sería a favorita de Dagmar. Tres anos despois naceu un fillo máis, Miguel, que chegaría a se-lo sucesor do seu irmán maior durante unhas 24 horas, xusto antes de que se proclamase a república en Rusia. En 1882 naceu unha derradeira filla, Olga, que sempre estivo máis preto do corazón paterno que da emperatriz.
Alexandre sucedera ó seu pai en 1881 tra-lo seu asasinato por unha banda de anarquistas. Como resposta á instanbilidade social en Rusia e tamén á que se estaba a dar dentro da mesma familia real empurrou a Alexandre a tomar serias medidas conservadoras. En 1886 decretou, por exemplo, que o título de Grande Duque ou Grande Duquesa podería ser empregado soamente polos fillos e netos ou netas (por liña masculina) dun emperador. Outros parentes más lonxanamente emparentados ó emperador (os seus bisnetos incluídos) só levarían o título de Príncipe ou Princesa do Sangue Real. Aínda que non tódo-los membros da familia real acataron a medida de boa gana, Alexandre non atopou resistencia algunha, e foi un modelo de Zar de Rusia. Nunca máis podería Rusia ter un zar tan axeitado nin tan tradicional coma Alexandre III. Quizáis o seu maior erro foi o de non ensinarlle ó seu fillo os principios de goberno en Rusia, razón pola cal, cando Nicolás chegou ó trono en 1894, se atopara pouco preparado para o seu deber como emperador.
As relacións entre Alexandre III e o seu fillo maior, o herdeiro Nicolás, foron xeralmente boas, aínda que non tiñan moitas cosas en común, mesmo no físico. Onde o zar era impoñente, o herdeiro era feble, e onde Alexandre era grande, Nicolás era máis ben pequeno, pois herdara o físico da súa nai.
O carácter de Alexandre III era apacible, e prefería quedar na casa no lugar de saír coa súa muller ás festas da sociedade rusa.
Un grave accidente de tren en 1888 no pobo de Borki, no que morreron varias persoas e no que toda a familia real se viu involucrada, deixou ó Zar gravemente enfermo. Unha longa enfermidade renal o levou ó cadaleito en 1894, en Livadia (Livadia, naquel entón parte do Imperio Ruso e hoxe en Ucraína), pouco antes da voda do seu fillo maior cunha curmá, Alexandra de Hesse-Darmstadt, neta da raíña Victoria de Inglaterra. O reinado de Alexandre III foi o único na historia de Rusia no que o país non estivo involucrado nunha guerra, e o seu legado axudou a forma-las relacións diplomáticas entre Rusia e outros países de Europa e que logo se fixeron patentes na Primeira Guerra Mundial.
Da súa familia directa, os seus fillos Nicolás e Miguel morreron nas mans dos Soviéticos en 1918 tra-la Revolución que destronou á dianstía. Xunto con Nicolás, tamén pereceron a súa muller, a Zarina Alexandra, e os seus cinco fillos: Olga, Tatiana, María, Anastasia e Alexis, de idades entre 22 e 13 anos. O irmán menor de Alexandre, Pablo, tamén morreu fusilado en 1919, así coma o seu fillo (froito dun matrimonio morganático), Vladimiro Paley. Da mesma maneira morreron en circunstancias igualmente violentas unha irmá política de Alexandre, a Grande Duquesa Isabel Feodorovna (irmá á súa vez da Zarina Alexandra) e varios curmáns de Alexandre. A súa viúva tivo máis sorte e poido escapar de Rusia polo sur en 1918. Morreu dez anos máis tarde na súa Dinamarca natal.