Antero de Quental
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antero Tarquínio de Quental (Ponta Delgada, 18 de abril de 1842 — 11 de setembro de 1891) foi un escritor, político e poeta portugués.
Conferencista no Casino Lisbonense, nas chamadas Conferencias do Casino, sobre o tema das Causas da decadencia dos pobos peninsulares. Pertenceu ao grupo da chamada xerazón do 70.
[editar] Notas biográficas
Antero de Quental herdou en 1873 unha cuantía considerábel de diñeiro, o que lle permitíu vivir desafogadamente, dos rendementos desa fortuna.
En xullo de 1855 foi estudar en Coimbra. Matriculouse na Facultade de Dereito en 1858. O primeiro ano decorreu de forma atribulada. Un exceso cometido durante as novatadas custoulle a Antero de Quental oito dias de prisión. Era moi popular no medio académico. Concluíu a carreira en jullo de 1864.
En 1865, foi un dos principais envolvidos na polémica coñecida por Cuestión Coimbrá, na que humillou a António Feliciano de Castilho, o seu antigo profesor e renomado crítico literario que se tiña por canon para os escritores nacionais: ao libro Odes modernas de Antero, Castilho respondeu con críticas duras sobre o aventureirismo dun xoven tolo que escrebía de forma asaz estraña e de gusto moi dubidoso. Antero respondeu con o opúsculo Bom senso e bom gosto, no que definía a súa literatura por oposizón á instituída: ao Ultrarromanticismo decadente, torpe, beato, estupidificante e moralmente degradado, Antero opuña o Realismo, a exposición da vida tal como ela era, das chagas da sociedade, da pobreza, da explotación: estas preocupazóns sociais leváranno a cofundar o Partido Socialista Portugués: Antero defendía a poesia como Voz da Revolución, como forma de alertar as conciencias para as desigualdades sociais e para os problemas da humanidade. A polémica só terminou cun duelo entre Antero de Quental e Ramalho Ortigão, que se saldou con ferimentos lixeiros.
En 1866 foi vivir para Lisboa, onde experimentou a vida de obreiro, traballando como tipógrafo. Unha profesión que exerceu tamén en París, en xaneiro e febreiro de 1867. En 1868 regresou a Lisboa, onde formou o Cenáculo, de que fixeram parte, entre outros, Eça de Queirós e Ramalho Ortigão. No 1874 adoeceu de psicose maníaco-depresiva (doenza bipolar), que desde entón o aflixíu. Foi convidado polo Partido Republicano para presentarse como deputado, mais tivo de recusar.
En 1890, debido á reacción nacional contra o ultimato inglés, de 11 de xaneiro, acepta presidir a Liga Patriótica do Norte, mais a existencia da Liga é efémera. Cando regresou a Lisboa, en maio de 1891, instalouse na casa de súa irmá, Ana de Quental. Nese momento o seu estado de depresión era permanente. Acaba por suicidarse o día 11 de setembro de 1891, cun tiro na cabeza, disparado nun banco de xardín.
Para Antero de Quental, os ideais da fraternidade e solidariedade non poderían ser en van. Foi dos primeiros en traer o socialismo, o republicanismo e o marxismo para a discusión pública.
[editar] Obra
- Sonetos de Antero, 1861,
- Raios de extinta luz
- Primaveras românticas, 1872
- Odes modernas, 1865 (na orixe da polémica Cuestión Coimbrá)
- Sonetos, 1886.
- Prosas
Análise da Obra A poesía de Antero de Quental presenta tres faces distintas:
-A das experiencias xuvenís, en que coexisten diversas tendencias
-A da poesía militante, enpeñada en actuar como “voz da revolución”
-E a da poesía de ton metafísico, voltada para a expresión da angustia de quen busca un sentido para a existencia.
A oscilación entre unha poesía de combate, dedicada ao eloxio da acción e da capacidade humana, e unha poesía intimista, direccionada para a análise dunha individualidade angustiada, parece ter sido constante na obra madura de Antero, abandonando a postura que costumaba enxergar unhaa secuencia cronolóxica de tres fases. Antero atinxe um maior grau de elaboración nos seus sonetos, considerados dos mellores da língua e comparados aos de Camões e aos de Bocage. Há, na verdade, algúns puntos de contacto estilísticos e temáticos entre os tres poetas: os sonetos de Antero tén innegábel sabor clásico, quer na adxetivación e na musicalidade equilibrada, quer na análise de cuestións universais que aflixen o ser humano.