Marxismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Parte da serie sobre Marxismo |
Conceptos fundamentais |
Alienación |
Burguesía |
Comunismo |
Explotación |
Forzas produtivas |
Hexemonía cultural |
Loita de clases |
Materialismo dialéctico |
Materialismo histórico |
Medios de produción |
Modo de produción |
Plusvalor |
Proletariado |
Relacións de produción |
Teoría do valor-traballo |
Outras ligazóns |
Marxismo |
Economía marxista |
O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital: crítica da economía política.
No entanto, o marxismo ultrapasou as ideas dos seus percursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrange unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas a veces antagónicas.
[editar] Orixe
Os puntos de partida do marxismo son a dialética de Hegel, a filosofía materialista de Ludwig Feuerbach e dos socialistas utópicos franceses e as teorías económicas dos ingleses Adam Smith e David Ricardo. Máis que filosofía, o marxismo é a crítica radical da filosofía, principalmente do sistema filosófico idealista de Hegel. Mentres para Hegel a realidade faise filosofía, para Marx a filosofía precisa incidir sobre a realidade. O núcleo do pensamento de Marx é sua interpretación do home, que comeza coa necesidade humana. A historia iníciase co propio home que, na busca da satisfación de necesidades, traballa sobre a natureza. A medida que realiza este traballo, o home se descobre como ser produtivo e pasa a ter consciencia de si e do mundo. Percibe entón que "a historia é o proceso de creación do home polo traballo humano".
Segundo algúns, os dous elementos principais do marxismo son o materialismo dialético, para o cal a natureza, a vida e a consciencia constitúense de materia en movemento e evolución permanente, e o materialismo histórico, para o cal o modo de produción é base determinante dos fenómenos históricos e sociais, inclusive as institucións xurídicas e políticas, a moralidade, a relixión e as artes. Para outros, non existe o materialismo dialético esbozado por Engels e desenvolvido por Lenin e Stalin, mais é unha expresión inexistente en Marx, que falaba de dialética e método dialético e non de "materialismo dialético".
A teoría marxista desenvólvese en catro niveis de análise -- filosófico, económico, político e sociolóxico -- en torno da idea central de mudanza. Nas súas Thesen über Feuerbach (1845, publicadas en 1888; Teses sobre Feuerbach), Marx escribiu: "Até o momento, os filósofos a penas interpretaron o mundo; o fundamental agora é transformalo." Para transformar o mundo é necesario vincular o pensamento á práctica revolucionaria. Interpretada por diversos seguidores, a teoría tornouse unha ideoloxía que se estendeu a rexións de todo o mundo e lle foi engadida características nacionais. Surxiron así versións como as dos partidos comunistas francés e italiano, o marxismo-leninismo na Unión Soviética, as experiencias no leste europeo, o maoísmo na China e Albania e as interpretacións de Corea do Norte, de Cuba e dos partidos únicos africanos, nos que se mestura até con ritos tribais. As principais correntes do marxismo foron a social-democracia, o bolquevismo e o esquerdismo.
Practicamente todas as artes recibiron influenza do Marxismo a través de teóricos que buscaron importar as ideas da loita de clases e da importancia da inclusión dos intelectuais en estas discusións.
Na literatura, por exemplo, nos anos 70, a chamada 'crítica marxista' pregaba que a análise de textos literarios debería desconsiderar o estudo biográfico do autor e se fixar na análise dos acontecementos ficcionais a partir da visión da loita de clases.
Esa perspectiva, en todas as artes, desenvolveuse nun cerco da liberdade de moitos artistas que se viron desprestixiados por críticos e pola clase artística, en caso de non abordaren nas súas obras unha "temática social".
Na súa concepción máis recente, a crítica marxista procura intertextualizar a arte coa historia, a socioloxía e outras áreas do saber científico social.
[editar] Análise de clases
Os marxistas consideran que a sociedade capitalista divídese en clases sociais, das que toman en consideración principalmente dúas:
-
- A clase traballadora ou proletariado: Marx definiu a esta clase como «os individuos que venden a súa man de obra e non posúen os medios de produción», a quen consideraba responsables de crear a riqueza dunha sociedade (edificios, pontes e mobiliario, por exemplo, son construídos fisicamente por membros desta clase; tamén os servizos son prestados por asalariados). O proletariado pode dividirse, á súa vez, en proletariado ordinario e lumpemproletariado, os que viven en pobreza extrema e non poden achar traballo lícito con regularidade. Estes poden ser prostitutas, esmoleiros ou indixentes.
- A burguesía: quen «posúen os medios de produción» e empregan ao proletariado. A burguesía pode dividirse, á súa vez, na burguesía moi rica e a pequena burguesía: quen empregan a man de obra, pero que tamén traballan. Estes poden ser pequenos propietarios, campesiños terratenentes ou comerciantes.
Para Marx, o comunismo sería unha forma social na que a división en clases terminaría e a estrutura económica sería produto da «asociación dos productores libres», e o produto social distribuiríase segundo o criterio «de cada cal segundo a súa capacidade; para cada cal segundo as súas necesidades».
Algúns pensadores socialistas opinaban que a clase traballadora debía apropiarse do Estado capitalista existente e convertelo nun Estado revolucionario obreiro que implantaría as estruturas democráticas necesarias para logo marchitarse. Pola outra banda, outros pensadores socialistas como Mikhail Bakunin e Piotr Kropotkin, compartindo a idea da loita de clases, afirmaron que o Estado ou calquera forma de autoridade e centralización de poder, per se, era o problema (político-económico), e que destruílo debía ser o obxectivo de toda actividade revolucionaria. Esta ditomía fronte ao Estado marcou a división definitiva entre marxistas e anarquistas.
Moitos gobernos, partidos políticos, movementos sociais e teóricos académicos afirmaron fundamentarse en principios marxistas. Exemplos particularmente importantes son os movementos socialdemócratas da Europa do século XX, o bolquevismo ruso, a Unión Soviética e outros países do bloque oriental, Mao, Fidel Castro, Ernesto "Che" Guevara, Santucho e outros revolucionarios en países agrarios en desenvolvemento. Estas loitas agregaron novas ideas a Marx e, polo demais, transmutaron tanto o marxismo que resulta difícil especificar o núcleo deste. Actualmente as transformacións socio-económicas obrigaron a repensar ao marxismo nunha liña chamada posmarxismo na cal atópanse autores como Ernesto Laclau e Chantal Mouffe. Acostúmase a falar de teoría marxista cando se fai referencia á aplicación de formulacións marxistas a diversas cuestións non estritamente económicas ou políticas, como a relixión, a arte, a relación entre sexos ou razas, etc., sen necesidade de asumir a totalidade das ideas marxistas.
[editar] Pensadores marxistas
- Karl Marx
- Friedrich Engels
- Karl Kautsky
- Vladimir Lenin
- Lev Trotski
- Rosa Luxemburg
- Mao Zedong
- Antonio Gramsci
- Karl Korsch
- Escola de Fráncfort
- Ernesto Rafael Guevara de la Serna
- Louis Althusser