Atol das Rocas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Atol das Rocas é un atol no Océano Atlántico localizado a 03°52' S 33°49' W que pertence ao Brasil, facendo parte do estado do Río Grande do Norte, estando a 245 km da cidade de Natal, e a 146 km do arquipélago de Fernando de Noronha.
Ten unha forma oval, con 3,7 km por 2,5 km, e unha superficie total de 7,5 km2, dos cales apenas uns 360 mil m2 son terra firme e o resto é a lagoa interior do atol. Foi descoberto en 1503. O océano próximo ao atol non é moi profundo, tornándose perigoso para a navegación.
As súas augas próximas son un santuario para diversas especies de aves, peixes, tiburóns, tartarugas e cangrexos, e forman a primeira reserva biolóxica mariña creada no Brasil. En 2001 a UNESCO declarouno patrimonio da humanidade. O atol consiste principalmente de coral e algas vermellas. O anel de coral está case fechado e conta con dúas canles naturais, unha de 200 m. no norte e outra moito máis estreita no oeste.