Océano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Grande extensión de auga que cobre case tres cuartas partes da superficie do planeta Terra. Adóitase a dividir en cinco zonas, a saber:
- Océano Atlántico: Situado ó oeste de Europa e África, e ó leste de América. Esta medrando polos efectos da dorsal atlántica.
- Océano Índico: Situado baixo o subcontinente Indio en Asia. Ó Leste de África e Arabia e ó oeste de Tailandia e Indonesia.
- Océano Pacífico: É o maior de todos. Está entre Asia e América, o continente arquipélago Oceanía sitúase nel.
- Océano Glacial Ártico: É o que cobre as xeadas augas que circundan ó Polo norte.
- Océano Glacial Antártico: Circunda ó continente chamado Antártida ó redor do Polo sur. Moitas veces acostúmase a non citalo por mor de que os seus lím,ites non están moi claros e así dise que o Océano Pacífico, o Índico e o Océano Atlántico circundan á Antártida.