Bernard Montgomery
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mariscal de campo do Reino Unido, renomeado pola súa participación na Segunda Guerra Mundial, Bernard Law Montgomery, primeiro vizconde de O Alamein, naceu en Londres o 17 de novembro de 1887 e morreu o 24 de marzo de 1976.
Alcumado Monty, foi nomeado comandante en xefe do oitavo exército británico, no norte de África, onde obligou ó mariscal alemán Rommel a retirarse de Exipto trala segunda batalla de O Alamein.
Cunha grande rivalidade co xeneral americano, Patton, liberou Sicilia (Italia) no 1943 e continuou a invasión de Italia ata que foi chamado para participar no Desembarco de Normandía. Tralo desembarco e ata a chegada de Eisenhower á Europa continental, foi o comandante en xefe de tódalas forzas aliadas. Foi nomeado vizconde de O Alamein en 1946.