Bica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Doce típico de elaboración artesanal de gran difusión en Galicia. É utilizada nos almorzos ou como acompañante á hora do café. Pola súa textura esponxosa é ideal acompañada de queixos grasos e de curta maduración (como pode ser o queixo de tetilla) . Tamén é habitual tomalo acompañado con licor café .
A bica que se fai en Ourense, máis en concreto nos concellos de Avión e Beariz,así como en toda a zona do Ribeiro non é unha bica doce. Faise con fariña de millo e é parecida a unha empanada. Cócese debaixo dun testo coberto de brasas e parece máis unha empanada ca un pan. Pódese encher coma as empanadas, ainda que non é normal facelo.
A cor da bica é amarela, e ten bastante codia, pois asemella ser coma unha tortilla de patacas (redonda e aplastadiña). Sabe moi ben co caldo.