Bidueira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha bidueira, bidueiro ou bido (Betula pubescens) é unha árbore da familia das betuláceas que medra nas zonas húmidas, da súa casca, branda, pódese obter aceite que se emprega en medicina. A súa madeira úsase para carpintaría, foi tradicionalmente utilizada polos zoqueiros (que partían pola metade un toro e de cada metade facían un zoco) e utilízase como combustible nas cociñas de leña pola súa facilidade para arder.