Breogán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Breogán é un mítico rei céltico de Galiza. Moitas versións existen sobre el, pero veno coma o pai mitolóxico da nación galega. O seu pai é Brath, e os seus fillos son Ith e Belenus, entre outros.
Existe unha lenda na que se conta que a estirpe de Breogán chega a Galicia desde Exipto, fuxindo das pragas da época de Moisés. Con toda probabilidade, esta lenda foi creada en tempos medievais, cando existía unha gran tradición cristiá.
Galiza descríbese poeticamente no Himno galego coma o fogar de Breogán. Dacordo coa lenda gaélica incorporada no século XI á compilación Leabhar Ghabhála Érenn (o "libro das conquistas") o rei Breogán, fundador da nación céltica galega, construíu na cidade de Brigantia (identificada coa actual Coruña) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira verde distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ó norte de Irlanda onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán, saíndo dende Brigantia chegaron a Irlanda e conquistárona.
Ver tamén: Torre de Hércules.