New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Moisés - Wikipedia

Moisés

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Moisés por Miguelánxelo. Notense os cornos na fronte, explicabeles pola ambigüidade do termo hebreo qaran de Ex.34.29, traducido literalmente « corno » en vez de por « fonte de luz » como evoca o contexto.
Moisés por Miguelánxelo. Notense os cornos na fronte, explicabeles pola ambigüidade do termo hebreo qaran de Ex.34.29, traducido literalmente « corno » en vez de por « fonte de luz » como evoca o contexto.

N.B. Os nomes bíblicos corresponden aos da traducción galega da Biblia, editada pola SEPT. Vigo. 2001, 3ª edic.

Moisés, (hebreo: מֹשֶׁה Moshe; árabe: موسى, Mūsā); foi un antigo bíblico líder relixioso hebreo, lexislador, profeta e historiador.

Para as relixións monoteístas Moisés é á vez o autor e principal persoaxe da Biblia. Foi el, quen, sob ditado divino, tería escrito o Pentateuco (os cinco primeiros libros da Biblia: o Xénese, o Éxodo, o Levítico, o libro dos Números e o Deuteronomio) (tería contado a súa propia historia, a dos Patriarcas, seus antepasados, e a do pobo de Israel). É o profeta e a guía que conduce os Fillos de Israel fora de Exipto, onde estaban reducidos a escravatura, e é pola súa man que os « prodixios divinos » (as Dez pragas de Exipto) ocorrerán para permitir a liberación do seu pobo e conducilo cara o país de Canaán. Recibe de Deus os Dez mandamentos e un conxunto de leis relixiosas, sociais e alimentares (Torá escrita e Torá oral; en hebreo Toráh).

Moisés, fillo de Amram é tamén citado no Corán, sob nome de Mūsā como profeta e mensaxeiro de Allah. A azora 3 do Corán titulase A familia de Amram.

É considerado tamén un profeta pola fe Bahá'í.

Segundo a Biblia, tería nacido en Exipto de mai hebrea que o abandonou cando un Faraón ordeou que todos os recén nados hebreos debían ser matados; porén acabou sendo adoptado pola familia real exicia. Xa maior, despois de matar el a un amo de escravos exipcio, escapou e viviu como pastor. Máis tarde foi enviado por Deus para librar os hebreos da escravitude. Logo das Dez Pragas foron soltados, e Moisés conduciunos fóra de Exipto, a través do Mar Rubio e do deserto nunha viaxe de 40 anos. A pesar de vivir 120 anos, non puido entrar na Terra de Israel (cfr. Números 20:11-12).


Índice

[editar] Moisés na Biblia

[editar] Infancia

O Libro do Éxodo comeza moitos anos despois do final do Libro do Éxodo, no cal os israelitas vivían en relativa harmonía con os nativos exipcios na Terra de Goshen, a parte oriental do Delta do Nilo. Nalgún momento da convivencia os exipcios voltáronse hostís e escravizaron os israelitas.

Segundo o Libro do Éxodo, era o fillo de Amram, un membro da tribu Levita, descendente de Xacob, e a súa espos Ioquébed. Aharón era o irmao maior de Moisés. Ambos formaban parte dunha segunda xerazón de israelitas nacidos en Exipto.

No relato do Éxodo, o nacemento de Moisés aconteceu nun tenpo no que o Faraón reinante dera orde de que todos os nenos nacidos varóns fosen matados botándoos no río Nilo.

Achado de  Moisés, por Giovanni Battista Tiepolo
Achado de Moisés, por Giovanni Battista Tiepolo

Ioquébed, dou a luz e gardou o neno oculto durante tres meses. Cando non puido agochalo máis tempo, antes que matalo, deixouno nas augas do Nilo metido nunha pequena cesta de xunco impermeabilizado con betume. Segundo a narración da Biblia, María, irmá de Moisés, espía o movemento do fráxil bote, ata que este chega a un lugar onde a filla do Faraón estaba a se bañar acompañada das súas damas de compañía. Dise que ela sentiu o neno na cesta e fixo que unha doncela o collese. Nese intre, María apareceu e preguntoulle á filla do Faraón se querería unha muller hebrea para criar o neno. Xocabede resulta collida como ama de cría do neno, que medra e é levado á filla do Faraón que o adopta como fillo seu. Esta filla do Faraón non está identificada no Éxodo. Aínda que o Faraón fose Ramsés II, o Faraón da Opresión, como se cre tradicionalmente, identificar a Princesa é dificilísimo, porque Ramsés tivo sobre un centenar de fillos. A Princesa doulle por nome Mosheh, que é semellante á palabra hebrea mashah "o botado fóra". Na traducción grega foi helenizado, e de aí para nós é Moisés.


[editar] Pastor en Madián

Cando Moisés se fixo maior, foi ver como vivían os seus irmans escravizados. Vendo como un exipcio batía nun hebreo, matou ao exipcio e enterrouno na area, supondo que nenguén que vise o incidente o contaría. Do outro día, vendo dous hebreos discutindo, tratou de separalos, mais un deles botoulle en cara que asasinase o exipcio. Moisés despois descubriría que o asunto era coñecido, e que o Faraón estaba disposto a darlle morte por iso. Entón escapou para a Península do Sinaí, morando alí con Ietró, sacerdote en Madián, (no Leste do actual golfo de Aqaba). Coñeceu a súa filla, Séfora, con a que logo casaría. Alí vivíu catro anos, como pastor, nacendo nese tempo o seu fillo Guerxom.

Un día Moisés levou o rabaño ao Monte Horeb, tradicionalmente identificado con o Monte Sinaí (posibelmente, segundo hoxe se pensa, estaría máis a Oriente, en Madián). No Monte Horeb, veu un arbusto ardendo que non se consumía. Cando quixo mirar máis de perto, Deus faloulle desde o arbusto, revelando o seu nome a Moisés.

[editar] Retorno a Exipto. As dez pragas

Deus encargouno de voltar a Exipto e librar os hebreos do cativerio. Regresou a Exipto, onde se encontrou con seu irmán maior Aharon, obtendo o recoñecemento da súa liñaxe opresa. Enteirámonos que durante a ausencia de Moisés, o Faraón da Opresión (identificado as veces con Ramsés II) morrera, e fora sucedido polo que se denominará o Faraón do Éxodo, que correspondería a Mernetaph, sempre que o antecesor fose Ramsés II. Como o que o relato de Éxodo descrebe Exipto como catastrófico -- pragas horríbeles, perda de centos de escravos, inúmeras mortes (incluída a do Faraón mesmo, aínda que isto non queda claro en Éxodo) --, resulta chocante que as fontes históricas non-exicias que citen os israelitas en Exipto non teñan sido atopadas. Porén, sabemos que Mernetaph foi un gobernante mediocre, e, de certo máis débil que Ramsés II. Feitas estas salvedades, prosigue o relato contando como Moisés acabou por convencer ao Faraón, logo de que o Deus de Moisés enviase Dez Pragas sobre os exipcios, ante a negativa inicial do monarca. A primeira praga, foi a transformación da auga do Nilo en sangue. A segunda foi unha enxurrada de rás que sairan do Nilo. A terceiro foi unha praga de pulgas, piollos e mosquitos. A cuarta un ataque de bestas salvaxes. A quinta unha praga de enfermidades que afectaron o gado exipcio. A sexta a aparición de bochas na pel dos exipcios. A sétima, saraiba e tormentas que arrasaron o país. A oitava unha invasión de lagostas. A novena unha completa tebra que se apoderou de Exipto. A novena praga culminou con a morte dos nenos varóns recén-nacidos. De resultas, tal terror se apoderou dos exipcios que foi ordeado que os hebreos puidesen abandonar o país do Nilo ("o Éxodo"). Estes acontecementos son conmemorados na Pascua.

Así Moisés guiou o seu pobo cara Oriente, comezando a longa viaxe a Canaán. O desfile movíase con lentitude, séndolle necesario acampar tres veces antes de chegar á fronteira de Exipto. No entanto, o Faraón tivo un trasacordo, e iniciou a persecución dos hebreos con un grande exército. Collidos entre ese exército e o mar, os israelitas dubidaron, pero o Éxodo conta que Deus dividiu as augas, de modo que pasasen seguros a través do chan seco. Cando o exército faraónico tentou seguilos, Deus permitiu que as augas voltasen ao seu ser e os soldados afogasen. Se o Faraón se afogou tamén non está claro no relato bíblico, máis na documentación exicia non aparece nada de tales sucedidos.


[editar] No Monte Sinaí

Cando os israelitas chegaron ao Sinaí, plantaron o acampamento cerca da montaña. Moisés ordenou que non se achegasen a ela. Recibiu os Dez Mandamentos oralmente (non aínda en táboas), así como outras leis morais. Logo Moisés subiu ó monte con Aharón, Nadab, Abihu e 70 anciáns, para ver o Deus de Israel. Mentres Moisés estaba no monte Sinaí recibindo instruccións sobre as leis para a comunidade israelita, o pobo acudiu onde Aharón para que lle fixese un deus. Aharón logo de recibir pendentes de ouro da xente, fabricou un becerro de ouro, e dixo: "Velaí o voso deus, Ou Israel!, o que vos sacou de Exipto". Unha "festa de Deus" foi anunciada para o día seguinte, que comezou pola mañá con sacrificios e seguiu con folión. Ascendeu Moisés á montaña, onde recibiu os Dez Mandamentos, escritos en dúas táboas cadansúa por ambas caras. Logo de que Moisés persuadiese o Señor para que non destruíse o pobo de Israel, descendeu do monte e encontrouse con Xosué. Moisés, encolerizado, rompeu as táboas da Lei, e logo destruiu o becerro, rifando con Aharón polo pecado que cometera perante o pobo. Vendo que o pobo estaba desatado, Moisés foi ata a entrada do campo e dixo: "Quen está ao lado do Señor? Que veña xunto a min?". Todos os fillos de Leví reuníronse con el, e mandoulles que fosen dunha entrada a outra do acampamento matando os idólatras. Logo Deus ordeoulle a Moisés facer unhas novas táboas e subir de novo ao Sinaí para voltar gravar os mandamentos.

Con milagres, Deus afianzou a autoridade de Moisés sobre do pobo probando que era o seu enviado. Porén o pobo non cesará de murmurar contra el e Deus, clamando que polo menos en Exipto, vivía mellor. Chegaron as proximidades da Terra Prometida e Moisés enviou doce espías para que recoñecesen o país. Dez deles desanimaron o pobo para que non invadisen o país, a pesar do apoio divino. De xeito que Deus se enfadou e decidiu facelos vagar polo deserto durante 40 anos, a fin de que ningún dos que saíra de Exipto puidese entrar na Terra Prometida salvo Xosué e Caleb, os dous espías favorábeles á conquista.


[editar] Morte de Moisés

Segundo a Biblia (Números, 20, 7-13), para dar de beber ao pobo hebreo, golpeou con o seu bastón dúas veces a rocha de Meribah - en vez de falarlle á pedra como Deus lle mandara - polo que non foi autorizado a entrar en Israel. Mais foille concedido que a puidese mirar, desde a cima do Monte Nebó, onde morrería aos 120 anos de idade (Deuteronomio, 34, 1-9). Antes de morrer, nomeou a Xosué como sucesor. Foi enterrado na terra de Moab.

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu