Buda (cidade)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Buda (en alemán: Ofen, en croata: Budim, en serbio: Будим) é a parte occidental da capital de Hungría, Budapest. Está situada na beira dereita do río Danubio, que a separa de Pest, a beira esquerda da cidade. Disque o nome de Buda ven do seu fundador, Buda ou Budda, aínda que é máis probable que derive dunha palabra locar que significa "auga", pode que como referencia ao río Danubio.
Buda abrangue un terzo do territorio de Budapest e é na súa maior parte boscoso e montañoso. Asóciase normalmente cun nivel alto de vida, aínda que depende da zona.
Os seus atractivos turísticos máis sonados son:
- O castelo real de Buda en estilo baroco
- A igrexa Matías de Buda, un símbolo de Hungría
- O Museo de Historia Militar (Hadtörténeti Múzeum)
- A Galería Nacional de Arte
- O Bastión dos Pescadores, chamado así porque foi construído polos pescadores da cidade
- O funicular (Budavári Sikló)
[editar] Historia
Buda foi a capital de Hungría desde o ano 1361 ata a súa captura polos otomanos en 1541. A nova capital pasou a ser Pressburg, o nome alemán da actual capital de Eslovaquia, Bratislava. En 1656 Buda foi capturada desta vez por Austria, pero debido á súa devastación pola guerra, numerosos alemáns foron levados para axudar a reconstruír a cidade. Buda foi declarada cidade libre en 1703 e volveu ser a capital de Hungría en 1784. Buda uniuse coas cidades de Óbuda e Pest en 1873 para formar a actual Budapest.