Budapest
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Mapa | |||
---|---|---|---|
Información | |||
País | Hungría | ||
Condado | Pest | ||
Superficie | 525.16 km2 | ||
Poboación | 1.719.343 (2003) | ||
Densidade | 3.570 hab./km² | ||
Alcalde | Gábor Demszky SZDSZ | ||
budapest.hu Páxina Oficial |
Budapest é a capital de Hungría e o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. Conta con 1,7 millóns de habitantes segundo o censo de 2005, unha diminución significativa respecto dos case 2,1 millóns con que contaba a mediados dos anos 80, que representan un quinto da poboación total do país. É a séptima cidade en tamaño da Unión Europea.
A cidade de Budapest é o resultado da unificación en 1873, ocupando ambas as dúas beiras do Danubio, das cidades de Buda e Óbuda, na beira dereita, e Pest, na esquerda.
[editar] Historia
A historia coñecida de Budapest remóntase á antiga cidade romana de Aquincum, fundada no ano 89 sobre o sitio dun antigo campamento celta, próximo ao que actualmente é Óbuda. Do 106 ata finais do s. IV, foi a capital da provincia de Pannonia.
Cara ao ano 896 os maxiares, devanceiros do pobo húngaro actual, colonizan a rexión baixo o comando de Árpád e aséntanse no val pannoniano así como no sector de Óbuda. Hungría é fundada un ano máis tarde, no ano 1000, coa coroación do seu primeiro rex, Estevo I. Aínda que a cidade foi case destruída polos mongois en 1241 e que a residencia real foi trasladada a Visegrád en 1308, a cidade converteuse na capital do país en 1361.
A conquista da maior parte do país polos otomanos interrompeu o crecemento da cidade. Pest cae en mans dos invasores en 1526. Buda, que foi defendida polo seu castelo, coñeceu a mesma sorte quince anos depois. Mentres que Buda se converte en base do goberno turco na rexión, Pest é desertada polos seus habitantes despois da reconquista en 1686 por parte dos Habsburgo, que eran reis de Hungría desde 1526 aínda que gran parte do seu territorio fora perdido ante os otomanos.
Durante os ss. XVII e XVIII, malia que a cidade sufriu unha gran inundación que dixou uns 70.000 mortos, Pest tivo un crecemento enorme, grazas ao comercio e ao crecemento combinado das tres cidades. En 1780 o alemán é introducido como lingua oficial polos Habsburgo.
A fusión das tres cidades toma forza por primeira vez en 1849 baixo o impulso dun goberno revolucionario, antes de ser revocada despois da reconstitución da autoridade dos Habsburgo. A unión das tres cidades queda definida polo goberno real autónomo húngaro en 1873 despois do compromiso autro-húngaro de 1867.
En 1900 a poboación de Pest é máis importante que a de Buda e Óbuda xuntas e a cidade era a segunda do Imperio austro-húngaro, despois de Viena. Durante o seguinte século, a poboación multiplicarase por vinte mentres que a de Buda e Óbuda se multiplicará por cinco. Durante o s. XX a maior parte da industria húngara centrouse en Budapest, o crecemento da poboación foi entón máis importante. As perdas humanas da Primeira Guerra Mundial e a perda consecuente de máis de dous terzos do territorio, constituíron un trauma temporal: Budapest era agora a capital dun país seguramente máis pequeno, pero independente e soberano.
[editar] Lugares de interese
Budapest é membro da Organización de Cidades do Patrimonio Mundial.
En Buda:
- No Barrio do Castelo atópase:
- O castelo real de Buda en estilo baroco.
- A igrexa Matías de Buda, un símbolo de Hungría.
- O Museo de Historia Militar (Hadtörténeti Múzeum).
- A Galería Nacional de Arte.
- O Bastión dos Pescadores, chamado así porque foi construído polos pescadores da cidade.
- O funicular (Budavári Sikló).
En Pest:
- O Parlamento de Budapest, construído polo arquitecto Imre Steindl (1839-1902), profesor da Universidade Técnica, en estilo neogótico. A construción do Parlamento comezou o 12 de outubro de 1885. Agora contén a coroa dos reis húngaros, o símbolo do país, no Salón da Cúpula.
- A Basílica de San Estevo de Pest, la mayor igrexa da cidade .
- O Museo de Belas Artes (Szépművészeti Múzeum) con pinturas españolas e europeas.
- O Museo Nacional Húngaro (Magyar Nemzeti Múzeum).
- A Praza dos Heroes (Hősök tere) co Monumento do Milenario da chegada dos maxiares (1896).
- O Gran Circo de Budapest e o parque zoolóxico.
- O Castelo de Vajdahunyad.
- A Estación do oeste (Nyugati pályaudvar) de Gustave Eiffel.
- O Belvárosi Templom, a igrexa máis antiga de Hungría, do século XII.
- A sinagoga da rúa Dohány, a máis grande de Europa do Leste.
- O Museo Etnográfico.
En Buda e en Pest:
- O Metro de Budapest, construído en 1896, un dos máis antigos do mundo.
- As pontes: entre otras a Ponte da Cadea (Lánchíd) e a Ponte Erzsébet.
- A Illa Margaret (Margit-sziget), conectada con Buda e Pest pola ponte Margaret. A illa enteira é un parque coun estadio deportivo, unha piscina e balnearios.
- As famosas termais públicas: Balneario Gellért (Gellért fürdő), Balneario Széchenyi (Széchenyi fürdő), Balneario Lukács (Lukács fürdő), Balneario Rudas (Rudas fürdő), Balneario Király (Király fürdő), Balneario Rác (Rác fürdő).
[editar] Links
Condados de Hungría | ||
---|---|---|
Condados: | Bács-Kiskun | Baranya | Békés | Borsod-Abaúj-Zemplén | Csongrád | Fejér | Győr-Moson-Sopron | Hajdú-Bihar | Heves | Jász-Nagykun-Szolnok | Komárom-Esztergom | Nógrád | Pest | Somogy | Szabolcs-Szatmár-Bereg | Tolna | Vas | Veszprém | Zala | |
Condados urbanos: | Békéscsaba | Debrecen | Dunaújváros | Eger | Érd | Győr | Hódmezővásárhely | Kaposvár | Kecskemét | Miskolc | Nagykanizsa | Nyíregyháza | Pécs | Salgótarján | Sopron | Szeged | Szekszárd | Székesfehérvár | Szolnok | Szombathely | Tatabánya | Veszprém | Zalaegerszeg | |
Capital: | Budapest | |
Vexa: Xeografía de Hungría |