Burrhus Frederic Skinner
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Burrhus Frederic Skinner (20 de marzo de 1904 - 18 de agosto de 1990) foi un psicólogo, pensador e polemista norteamericano. Fundador do condutalismo ou behaviorismo radical. A súa obra mostra unha forte impregnación dos traballos de Ivan Pavlov e do primeiro behaviorista John Watson. Foi elexido polos seus pares como un dos psicólogos máis importantes do século XX, e tamén como un dos científicos máis influíntes de todos os tempos
Graduado primeiramente en língua e en literatura inglesa, posteriormente obteu un doutorado de psicoloxía en Harvard. Ensinou psicoloxía na universidde de Minnesota e logo na de Harvard. No 1938, despois de publicar dous traballos sobre dous tipos de condicionamento, dou a luz o artígo "The behaviour of organisms" (A conduta dos organismos) que é considerada a súa principal contribución á eleboración da teoría do condutalismo / behaviorismo.
[editar] Contribución de Skinner
A maior contribución teórica en psicoloxía é o concepto de condicionamento operante, que diferenciou do conditionamento clásico pavloviano, ou resposta, ou clásico. Desde esta perspectiva, os comportamentos son seleccionados polas súas consecuencias sobre o entorno. Unha clase de comportamento constitúe un operante se a probabilidade de aparición de esas respostas é modulábel pola manipulación de variábeles de reforzo. Por exemplo, diráse que unha acción es condicionada de maneira operante cando a súa frecuencia acrecenta no comportamento dun organismo, de feito, consecuencias positivas para o organismo. No condicionamento clásico un estímulo entraña unha resposta; no condicionamento operante, refórzase unha resposta pola manipulación de continxencias. Esta noción permite integrar a espontaneidade do organismo no seo dun cadro explicativo mecanicista.
Skinner estaba convencido de que era posíbel aplicar as súas teorías para construír unha sociedade mellor. Para difundir esta idea escrebeu a novela Walden 2, na que descrebía unha comunidadeon descrebía unha comunidade utópica que acadaba un elevado nivel de desenvolvemento social e persoal mercé a aplicación dos principios do condicionamento operante.
[editar] Obras
- The Behavior of Organisms: An Experimental Analysis, 1938.
- Walden Two, 1948.
- Science and Human Behavior, 1953.
- Schedules of Reinforcement, con C. B. Ferster, 1957.
- Verbal Behavior, 1957.
- The Analysis of Behavior: A Program for Self Instruction, con James G. Holland, 1961.
- The Technology of Teaching, 1968.
- Contingencies of Reinforcement: A Theoretical Analysis, 1969.
- Beyond Freedom and Dignity, 1971.
- About Behaviorism, 1974.
- Particulars of My Life: Part One of an Autobiography, 1976.
- Reflections on Behaviorism and Society, 1978.
- The Shaping of a Behaviorist: Part Two of an Autobiography, 1979.
- Notebooks, edited by Robert Epstein, 1980.
- Skinner for the Classroom, editado por R. Epstein, 1982.
- Enjoy Old Age: A Program of Self-Management, con M. E. Vaughan, 1983.
- A Matter of Consequences: Part Three of an Autobiography, 1983.
- Upon Further Reflection, 1987.
- Recent Issues in the Analysis of Behavior, 1989.
- Cumulative Record: A Selection of Papers, 1959, 1961, 1972 e en 1999 como Cumulative Record: Definitive Edition. Este libro inclúe a reimpresión dun artigo de Skinner publicado en outubro de 1945 no "Ladies' Home Journal", "Baby in a Box," no que explica os malentendidos sobre se submeteu a súa filla nun experimento dentro dunha das denominadas caixas de Skinner.