Castelo de area
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un castelo de area é unha escultura feita en area, normalmente un castelo mais tamén pode ser outra figura real ou mesmo abastracta. O lugar ideal para traballar e experiemntar son as praias. Ainda que popularmente se construen por lecer, divertimento (especialmente os raparigos e raparigas); tamén está considerado como un xeito de arte, arte efémera. Algúns mesmo chegan a acadar case os 9 metros de altura. Hai numerosos concursos de construción de castelos. A modalidade máis espallada consiste en facer esculturas que non sexan necesariamente castelos onde se propón un tema e os diferentes artistas traballan na area para lle dar forma de acordo ao tema (como estatuas, rostros, etc).
Índice |
[editar] Historia
Non existe data exacta para referenciar a invención das esculturas e formas de area (os exipcios utilizaban a area para faceren modelos a escala das pirámides que ían construir), mais a construcion de castelos de area con fins artísticos comezou nos Estados Unidos a principios do século XX. Os concusos e exposicións tiveron tamén alá a sua orixe, e en 1990 espalláronse pola Europa. O Castelo de area máis alto foi construido no ano 2003 en Estados Unidos e mide 8.91 metros.
[editar] Materiais
Os castelos de area están formados por agua e area. Para construirmos un castelo pequeno pode utilizarse area común, máis para construir un de maiores dimensións (de máis de un ou de dous metros de altura), normalmente para o presentar nun concurso ou exposicón, se necesita un tipo de area especial, que en vez de ter unha forma ovalada como a area común da praia, ten unha forma cúbica, o que axuda a que os grans teñan un maior agarre e poidan manterse coesionados para conseguir castelos de varios metros de altura. Dependendo da cualidade da area e da construción, un castelo de area pode durar varios anos, xa que son resistentes ao forte vento, á chuva e á neve.
[editar] Técnica
A técnica básica é simples, mais debemos ter en conta que a area húmida e compacta admite un tratamento de rebaixe e un tratamento de adicion. Ambos son os que se utilizan na construcion dos castelos de area.
- O tratamento de rebaixe consiste en erosionar a o material sobre o que se esculpe para conseguir a forma desexada.
Se queremos comezar por algo fácil podemos seguir os pasos que se indican:
- Compactación da area con agua, para conseguirmos un bloco de area consistente. Un exemplo pode ser utilizar un balde de praia dos raparigos para facermos un "flan" con area húmida depois pasamos ao seguinte paso.
- Traballo de escultura rebaixando a area, dandolle a forma que desexemos.
- O tratamento de adicion non está moi estendido porque non todas praias teñen area que o permita. Se necesita que a area sexa moi fina de gran, e de grande pureza. Consiste en deixar caír a area en capas, en puñados, en pingueiras de xeito que se vai amoreando e pegando capa a capa, pingueira a pingueira até conseguir montañas e formas.
Este xeito de traballo pode considerarse moi naïve máis resulta de grande beleza non pola dimensións das obras senon pola criatividade e o detalle do acabado.