Chicago, Illinois
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chicago, Illinois | |
---|---|
Situación xeográfica | |
País: | Estados Unidos |
Estado: | Illinois |
Condado: | Cook e DuPage |
Incorporada: | 4 de marzo de 1837 |
Alcalde: | Richard M. Daley |
Xeografía | |
Altitude: | 179 msnm |
Superficie: | 606,2 km² |
Poboación | |
Poboación total: | 2.873.518 |
Densidade de poboación: | 4.867 |
Información | |
Sitio na web: | http://egov.cityofchicago.org |
Chicago é a terceira maior cidade dos Estados Unidos, localizada no estado de Illinois, na rexión dos Grandes Lagos. Ten unha poboación de 2.869.121 habitantes, cunha área metropolitana de máis de nove millóns de habitantes.
Chicago é unha das cidades americanas na que as minorías son maiores. Dos habitantes da cidade, ao redor do 42% son brancos, mentres que un 36.77% son negros. O 26.02% son hispanos (sen distinguir a raza).
Chicago é famosa pola súa arquitectura, moi influinte a finais do século XIX xa que o grande incendio de Chicago deixou moito espazo libre para construir (ou re-construir), dando paso aos primeiros rañaceos do mundo. O edificio máis alto do mundo ata a construción das Torres Pretonas en Kuala Lumpur (Malasia) era as Torres Sears, en Chicago.
Chicago tamén é famosa polo aeroporto O'Hare, o máis ocupado do mundo. O seu nome ten orixe india.