Chisinau - Chişinău
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chişinău (pronúnciase /ki.ʃi.'nəǔ/, quichinãu) é a capital e a maior cidade da Moldavia, antigamente coñecida como Kishinev. É tamén considerada unha das capitais máis arborizadas da Europa e é a máis grande da república. Localízase no centro xeográfico do país, ás marxes do río Bîc.
Economicamente, a cidade é o maior centro comercial e industrial da área, así como o maior nó de comunicacións. A cidade de Chisinau é un dos centros culturais de Moldova e é unha das capitais europeas con maior proporción de zonas verdes.
Con cerca de 648.000 habitantes (2004), Chişinău considérase a segunda maior cidade de lingua romena do mundo, despois de Bucarest.
Do total da súa poboación, cerca do 73% son de etnia moldavia/romena, en canto que un 13% son rusos, un 8,5% de ucranianos e 1,2% de búlgaros. O restante está composto de diversos grupos étnicos, como os gagaúces.
Durante a ocupación soviética, Chişinău oficialmente chamábase Kishinev (Кишинёв) e así aínda é coñecida en moitos países, como un dos vestixios da era comunista.
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial de Chişinău (en romeno)
- Chişinău - Portaíl Moldavíe (en francés)
- Comunidade xudaíca de Chişinău