Bucarest
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Mapa | |||
---|---|---|---|
![]() |
|||
Información | |||
País | ![]() |
||
Superficie | 1.521 km2 (área metropolitana) | ||
Poboación | 2.082.000 (2003) | ||
Densidade | 8074,6/km² h/km² | ||
Alcalde | Adriean Videanu | ||
![]() |
|||
www.pmb.ro Páxina Oficial |
Bucarest (Romanés: Bucureşti é a capital e centro industrial e cumercial de Romanía. Está localizada no surleste do pais, no banco do Río Dâmboviţa.
Segundo o censo do ano 2002, Bucarest tiña unha poboación de 1.921.751 millóns de habitantes, 2.3 millóns na área metropolitana.
Para os parámetros europeos, Bucarest non é unha cidade antiga, a primeira referencia que se ten dela é do ano 1459. Dende esa data Bucarest pasou por moitos cambios, facéndose capital do pais no ano 1862 convertíndose no centro da cultura e as artes. A súa ecléctica arquitetura é unha mistura da historia, da época comunista e da modernidade. No periodo entre as dúas guerras mundiais, a arquitetura da cidade lle valiu o sobrenome do "París do leste" ou "Pequeno París" (Micul Paris). A pesares de que parte da súa arquitectura foi destruída polas guerras, tremores de terra e polo programa de Nicolae Ceauşescu de sistematización de Romanía. En anos recentes, a cidade volveu a vivir un renacemento da súa cultura e economía.
Índice |
[editar] Entorno xeográfico
A cidade de Bucarest exténdese ó longo do sudeste do país, entre as cidades de Ploieşti e Giurgiu e a marxe do río Dâmboviţa, que se converte en Argeş nun dos afluintes do río Danubio. No perímetro urbano da cidade pódense atopar moirtos lagos como o lago Floreasca, o lago Tei, o lago Colentina, e no centro da cidade o lago Cişmigiu. Este lago atópase nos xardíns Cişmigiu, inaugurados no ano 1847 e deseñados polo arquitecto alemán Carl F. W. Meyer. A parte de Cişmigiu, existen dous parques máis, o Parque Herăstrău (onde se atopa o Muzeul Satului) e os xardíns Botánicos (os maiores de toda Romanía contando con máis de 10.000 especies de plantas e flores exóticas).
[editar] Economía
A pesares de que somentes conta cun 10% da poboación romanesa, Bucarest produce o 25% do PIB do país, sendo a zona mási desenrolada e industrializada de Romanía. Ó igual que o resto do país esta cidade experimentou un importante desenvolvemento económico na última decada. Bucarest recibe axudas económicas provintes da Unión Europea (UE).
Bucarest conta tamén coa maior rede de transportes de Romanía e unha das maiores no centro e leste de Europa.
[editar] Demografía
A poboación de Bucarest medrou considerablemente durante os dous últimos séculos, ó igual que a importancia de Bucarest como centro urbano.
Crecemento da poboación dende 1800:
- 1800: 32.000
- 1859: 122.000
- 1900: 282.000
- 1918: 383.000
- 1930: 639.000
- 1966: 1.452.000
- 2000: 2.300.000
- 2005: 2.082.000
[editar] Comunidades minoritarias
[editar] Comunidade xudía
A comunidade xudía, foi a máis numerosa na cidade ata o estourido da Segunda Guerra Mundial. En 1930 vivían na cidade 69.885 xudeus, que representaban o 10,93% da poboación da capital. As masacres perpetradas polos Lexionarios e pola Garda de Ferro durante o conflito, xunto coas posteriores emigracións a Israel fixeron que a comunidade case desaparecese da cidade.
No censo do 2002 a comunidade xudía de Bucarest era de 2.481 persoas.
[editar] Comunidade húngara
No censo de 1930, vivían na cidade 24.052 húngaros, representando o 3,76% da poboación municipal.
No ano 2002 o seu número baixara a 5.834, representando o 0,3% da poboación total. Na cidade de Bucarest funciona o Liceo Teórico Ady Endre vinculado á lingua húngara. A Casa Petofi é o centro cultural da comunidade, onde funciona unha biblioteca cunha importante fonte de volumes escritos na lingua húngara. Na cidade publícase diariamente o xornal da comunidade húngara, Új Magyar Szó, e a publicación mensual da comunidade: Bukaresti Kozlony.
[editar] Equipos deportivos
[editar] Fútbol
- FC Rápido de Bucarest
- FC Steaua de Bucarest
- FC Dinamo de Bucarest
- FC Naţional de Bucarest
- Sportul Studenţesc
[editar] Basquet
- Dinamo Erbasu
- Rapid Isover
[editar] Rugbi
- Bucuresti
[editar] Ligazóns externas
- Páxina municipal do concello de Bucarest
- Universidade de Bucarest
- 3 Webcams de Bucarest
- Guía de Bucarest
- Panorama Virtual de Bucarest
- Hoteis de Bucarest
- Aeroporto Internacional Otopeni-Henri Coanda
- Aeroporto Internacional Baneasa-Aurel Vlaicu
- Páxina de RATB (compañía pública de transporte)
- Metrorex (Compañía de metro) Páxina oficial