Cidade do Cabo - Cape Town
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Cidade do Cabo ou Capetón (Cape Town en inglés, Kaapstad en afrikaans, iKapa en xhosa) é a capital lexislativa de Sudáfrica dende 1910, e capital da provincia do Cabo Occidental. Tén 2.893.251 habitantes (2001) (4.302.232 se incluímos a aglomeración). É un centro comercial e industrial: refine de petróleo, automóbeis, alimentación, química, textil, construción naval, etc. O seu porto, natural e orientado ao norte o que o protexe dos ventos antárticos e das tormentas, é un dos principais do país
Sea Port é o barrio da clase media branca e Cape Flats é o barrio negro e pobre da cidade.
Índice |
[editar] Orixe
48'13% colorados, 31'68% negros, 18'75% brancos e 1'43% asiáticos
[editar] Linguas
41.4% afrikaans, 28.7% xhosa, 27.9% inglés, 0.7% sesotho,
[editar] Historia
Os san e os khoisan foron os primeiros poboadores da área da actual cidade, fundada como un centro de fornecemento a medio camiño da viaxe ás Indias polo comerciante holandés Jan van Riebeeck ao servizo da Compañía das Indias Orientais o 6 de abril do 1652 na zona do Cabo da Boa Esperanza. En 1688 unironse aos holandeses 150 hugonotes franceses fuxidos de Francia e algo máis tarde chegaron algúns soldados alemáns ata chegar a arredor de 1000 brancos. E xa que os indíxenas rexeitaban traballar para os holandeses, estes importaron traballadores escravos de Madagascar, India, Malaisia e Indonesia, ao seren poucas as mulleres europeas, os holandeses empregaban as mulleres asiáticas como escravas sexuais, co tempo os escravos uníronse cos khoisan, dando orixe á actual poboación de Colorados do Cabo, ao tempo que os malaios do Cabo tamén chegaron ata hoxe. Os ingleses ocuparon a cidade no 1795, nese momento a poboación branca era uns 21.000 persoas con 25.000 escravos. Despois dun breve período de dominio holandés entre 1803 e 1806, e pasou oficialmente á coroa o 13 de agosto de 1814 tornouse a capital da colonia británica do Cabo. En 1820 chegaron 5.000 colonos británicos. O descubrimento de ouro e diamantes na área de Highveld entre 1870 e 1880 implicou que a cidade deixara de ser a maior do país, pero como o principal porto do país, converteu a cidade no principal destino dos beneficios do mineral, industrializándoa. A peste de 1901 serveu de escusa para a política de segregación racial, trasladando aos africanos a dúas localidades da periferia, agravándose a situación coa implantación do apartheid en 1948.