Madagascar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Tanindrazana, Fahafahana, Fandrosoana (malgaxe: Terra Ancestral, Liberdade, Progreso) |
|||
Lingua oficial outra |
malgaxe francés |
||
Capital poboación (ano) |
Antananarivo 1 111 392 (2001) |
||
Presidente | Marc Ravalomanana | ||
Primeiro-ministro | Jacques Sylla | ||
Superficie | 587 040 km2 | ||
Poboación | 18 040 341 (est. xullo de 2005) | ||
Independencia -data |
de Francia 26 de xuño de 1960 |
||
Moeda | Ariany malgaxe | ||
Fuso horario | UTC+3 | ||
Himno nacional | Ry Tanindraza nay malala ô | ||
TLD (Internet) | .mg | ||
Código telefónico | +261 |
A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no Océano Índico, afastada da costa da África. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a 4a maior illa do mundo. É lar de 5% das plantas e animais do mundo, 80% deles endémicos. Dentre os principais exemplos de biodiversidade está o lémure, da familia dos primatas, tres especies de páxaros endémicas e súas árbores de baobab. O adxectivo derivado de Madagascar é malgaxe. A principal lingua falada no país é o malgaxe.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Politica
Tipo de goberno : república
Constitución : 19 de agosto de 1992, por referendo nacional
Sistema legal : Basado no dereito civil francés e o dereito consuetudinario malgaxe. Madagascar non recoñece a competencia obligatoria da Corte Internacional de Xustiza.
Sufraxio : Universal (a partir dos 18 anos)
Poder executivo :
Goberno : Consello de Ministros, nomeados polo Primeiro ministro.
Eleccións : O presidente elixese por voto popular para un mandato de 5 anos. O primeiro ministro noméao o Presidente de entre unha lista de candidatos designados pola Asamblea Nacional.
Poder lexislativo : Parlamento bicameral
Asamblea Nacional : 160 escanos, os membros son elexidos por voto popular directo para un mandato de 4 anos.
Senado : Dous tercios dos senadores son elexidos polas Asambleas Rexionales, sendo os seus membros elexidos por sufraxio universal. O tercio restante é nomeado polo Presidente. Tódolos senadores exercen un mandato de 4 anos.
Poder xudicial : Corte Suprema, Alta Corte Constitucional
Partidos políticos : Association pour la Renaissance de Madagascar ou AREMA, Libéralisme Économique et Action Démocratique pour la Reconstruction Nationale ou LEADER/Fanilo, J'aime Madagascar ou TIM, Union Nationale ou FP, Renouveau du Partí Social Démocrate ou RPSD.
Grupos de presión : Mouvement Fédéraliste, Conseil National, Conseil des Églises Chrétiennes de Madagascar ou FFKM
Participación en organizaciones internacionales : ONU, UA, FMI, Banco Mundial, OIT, UNESCO, UPU, OMC, ONUDI, OMS, FAO, ISO
[editar] Subdivisións
Madagascar está dividido en seis provincias:
1. Provincia de Antananarivo
2. Provincia de Antsiranana
3. Provincia de Fianarantsoa
4. Provincia de Mahajanga
5. Provincia de Toamasina
6. Provincia de Toliara
[editar] Xeografía
Madagascar é unha illa (a máis grande de África e a cuarta máis grande do mundo) que se atopa rodeada íntegramente polo Océano Índico. Está separada do resto do continente polo canal de Mozambique. Hai que destacar que fai moitos anos Madagascar atopábase unida ao continente, do cal separouse, o que fixo que o aislamento orixinado a raíz de esta separación sexa o artífice da conservación no territorio malgaxe de multitude de especies únicas no mundo.
[editar] Economía
[editar] Demografía
A poboación malgaxe é predominantemente unha mistura de orixe polinesio e africano. Investigacións recentes suxiren que a illa estivo deshabitada ata a chegada de navegantes polinesios, aproximadamente no século I, a través do sur da India e do leste de África. Migracións posteriores tanto do Pacífico coma de África, consolidaron esta orixinal mistura, e surxiron 18 grupos tribáis distintos. Os rasgos polinesios son máis predominantes nas persoas que habitan na parte central da illa, os Merina (3 millóns de persoas) e os Betsileo (2 millóns). Os habitantes das costas son de orixe africano, sendo os grupos costeiros máis grandes os Betsimisaraka (1,5 millóns) e os Tsimihety e Sakalava (700.000 persoas cada un).
O idioma é de orixe malaio-polinesio e falase en tódala illa. O francés, antigo idioma colonial, está tamén moi extendido.
A maior parte da poboación segue prácticas relixiosas tradicionais, as cales enfatizan os vínculos entre a vida e a morte, na creenza de que a morte une ós seus ancestros no rango da divinidade e que os ancestros están moi interesados no destino dos seus descendientes vivos.
Cerca do 45% da poboación consta de cristianos, divididos en forma igual entre católicos romanos e protestantes.
[editar] Cultura
Países membros da Unión Africana | |
---|---|
África do Sur | Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina Faso | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue | Costa do Marfil | Congo | Exipto | Eritrea | Etiopía | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bissau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo | Ruanda | Sáhara Occidental | Santo Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seychelles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Túnez | Uganda | Xibuti | Zambia |
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |