Clima temperado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha rexión que posúe un clima temperado ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, coa media acima de 10º C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18º C, nos meses fríos. Posuen catro estacións ben definidas: un verán relativamente quente, un outono con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un inverno frío, e unha primavera, con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada .
Nas rexións dos océanos localizadas en rexións de climas temperados, dise que posuen augas temperadas.
Índice |
[editar] Clasificación dos climas temperados
Nas siglas indicadas abaixo, a segunda letra indica o padrán de precipitación - w indica invernos secos (a media do més máis seco menor que un décimo da precipitación media do més de verán máis húmido, ou menos de 30 mm); s indica veráns secos (a media do més máis seco con menos de 30 mm de precipitación e menos dun terzo da precipitación do més de inverno máis chuvoso); f significa precipitación en todas as estacións.
A terceira letra indica o nivel de temperaturas de verán - a indica que a media do més máis quente é superior a 22 °C; b indica que a media do més máis quente é inferior a 22 °C, con polo menos 4 meses con medias por riba de 10 °C; c indica que 3 ou menos meses teñen temperaturas medias por riba de 10 °C.
[editar] Clima Temperado Mediterránico
Este clima situase entre as latitudes de 30º e 40º.O clima mediterránico é o único onde a estación fría está asociada á estación das chuvas. Os Invernos son caracterizados por temperaturas amenas, debido ás correntes marítimas quentes. É no inverno que conseguimos observar algún índice de precipitación, sendo que no verán a precipitación é case nula. Os veráns son quentes e secos, debido aos centros barométricos de alta presión. Nas áreas costeiras os veráns son máis frescos debido ás corentes frías do océano.
Exemplos:
[editar] Subtropical húmido (Cfa, Cwa)
Tal clima usualmente acontece no interior de continentes ou nos litorais á leste de tais continentes, entre latitudes de 25°e 40. Ao contrario de climas mediterráneos, unha zona cun clima subtropical posúe veráns húmidos dado masas tropicais instables. No leste asiático, os invernos poden ser secos e máis fríos que outros lugares con latitudes similares, dado á alta presión atmosférica da Siberia, e veráns húmidos debido á influencia das monzóns.
Exemplos:
- Houston, Texas (Cfa - Precipitación uniforme ao longo do ano)
- Brisbane, Australia (Cfa - Verán máis húmido que o inverno)
- Curitiba, Brasil (Cfa - Verán máis húmido que o inverno)
- Yalta, Ucraína (Cfa - Verán máis seco que o inverno)
- Luodian, China (Cwa)
[editar] Clima Temperado Marítimo
Os Climas temperados Marítimos situanse entre as latitudes de 45º e 55º. Están normalmente, ao lado dos climas mediterráneos. Sen embargo na Australia atopase ao lado do Subtropical Húmido, e a unha latitude máis baixa. Estes climas son dominantes ao longo do ano. Os Veráns son frescos e nublados. Os invernos son amenos, ao contrario doutros climas, a unha latitude semellante.
Exemplos:
- Limoges, Francia (Precipitación uniforme ao longo do ano)
- Langebaanweg, África do Sur(Verán máis seco que o Inverno)
- Prince Rupert, Columbia Británica, Canadá (Verán máis seco que o Inverno).
[editar] Temperado Subártico (Cfc)
Tal clima acontece máis perto dos polos que os climas temperados marítimos e está limitado ou a estreitos litorais da parte occidental dos continentes, ou en illas de tais litorais, especialmente no Hemisferio Norte, .
Exemplos: