Monzón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un monzón é un vento periódico, especialmente no Océano Índico e no sur de Asia. A palabra úsase para denominar a estación na que o vento sopra do suroeste na India e territorios adxacentes que se caracteriza con grandes chuvias, especialmente chuvias que están asociadas con este vento. O monzón do suroeste que arranca da costa de Kerala, na India, comeza xeralmente na primeira quincena de xuño. O monzón do noreste en Tamil Nadu comeza habitualmente en outubro.
[editar] Historia
A palabra "monzón" parece vir orixinado da palabra árabe "موسم" (mosem), que quere dicir estación. A máis frecuentemente ultilizada para nomear as mudanzas de dirección do vento ó longo das costas da India, especialmente no Mar Arábigo, que sopra desde o suroeste a metade do ano e desde o noreste durante a outra metade.
[editar] Procesos
Os monzóns son provocados polo feito de que a terra quece e arrefece máis rápido cá auga. Polo tanto, en verán, a terra alcanza unha temperatura maior có océano. Isto fai que o ar sobre a terra comece a subir, provocando unha área de baixa presión. Como o vento sopra desde áreas de alta presión cara a áreas de baixa presión, un vento extremadamente constante sopra desde o océano. A chuvia é producida polo ar húmido elevándose nas montañas e arrefecéndose posteriormente.
En inverno, como a terra arrefece más rápidamente, o océano está a unha temperatura maior. O ar elévase, causando unha área de baixa presión no océano. O vento sopra novamente cara ó océano. Como a diferenza de temperaturas é menor que durante o verán, o vento non é tan constante.
[editar] Sistemas Monzónicos
A medida que se puido comprender mellor os monzóns, a súa definición ampliouse para incluir case tódolos fenómenos asociados co ciclo meteorolóxico anual nos continentes tropicais e subtropicais de Asia, Australia e África xunto cos seus mares e océanos adxacentes. Nestas rexións é que ocorren as mudanzas climáticas máis dramáticas na Terra.
Nun sentido máis amplo, no pasado xeolóxico, sistemas monzónicos acompañaron sempre a formación de supercontinentes como Panxea, cos seus climas continentais extremos.