Órbita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A órbita é a traxectoria que un corpo percorre arredor doutro baixo a influencia dalgunha forza (normalmente da gravidade). Segundo as leis do movimento planetario de Johannes Kepler, as órbitas son xeralmente elípticas, aínda que os planetas interiores (próximos á estrela que orbitan) teñan órbitas case circulares. Máis tarde, Isaac Newton demostrou que algunhas órbitas, como as de certos cometas, son hiperbólicas e outras parabólicas. Dentro dun sistema solar, os planetas, asteroides, cometas e outros obxectos de menor tamaño percorren órbitas elípticas arredor da estrela, mentres que as lúas e outros satélites fan o proprio arredor dos planetas. Sexa cal fose a órbita seguida polo obxecto, o corpo arredor do que descreben coa súa traxetoria atopase situado no foco da cónica descrita, de modo que sempre poden definirse dous pontos singulares, como o de maior afastamento ou afelio, e o de maior aproximación ou perihelio.
[editar] Clases de órbita
As órbitas poden clasificarse de acordo coa súa relación co corpo que orbitan.
- Órbita polar
- Órbita ecuatorial
- Órbita xeoestacionaria
- Órbita heliocéntrica
- Órbita de transferencia do Hohmann
Glosario de Astronomía |
Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo |