Crecente Fértil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mesopotamia |
Éufrates – Tigris |
Cidades / Imperios |
Sumeria: Uruk – Ur – Eridu |
Kish – Lagash – Nippur |
Imperio Acadio: Agadé |
Babilonia – Isín – Larsa – Susa |
Asiria: Assur – Nínive |
Nuzi – Nimrud |
Imperio Babilónico – Caldea – |
Elam – Amorreos |
Mitanni – Casitas |
Cronoloxía |
Reis sumerios |
Reis de Asiria |
Reis de Babilonia |
Lingua |
Escritura cuneiforme |
Lingua sumeria – Acadio |
Elamita |
Mitoloxía |
Gilgamesh – Marduk |
O Crecente Fértil é unha rexión histórica no Oriente que abrangue o Antigo Exipto, o Levante, e Mesopotamia. O termo "Crecente Fértil" foi forxado polo arqueólogo da Universidade de Chicago James Henry Breasted en 1906 para describir o arco xeográfico formado polas áreas xeográficas do Próximo Oriente que van desde Elam e Mesopotamia ao leste, até Exipto e Nubia ao oeste, e chegando ao sul do Cáucaso e da Anatolia e á Siria.
Hoxe en día prefírese non empregar esta denominación, xa que mestura indebidamente culturas heteroxéneas e non se corresponde coas visións do mundo que tiñan os habitantes destas culturas.
Bañado polo Nilo, o Xordán, o Éufrates e o Tigris e cubrindo unha superficie de aproximadamente 400-500,000 km2, a rexión esténdese desde a costa oriental do Mediterráneo a través do norte do Deserto de Siria e polo Jazirah e Mesopotamia ata o Golfo Pérsico. Estas áreas correspóndense cos actuais Exipto, Israel, Palestina e Líbano e partes de Xordania, Siria, Iraq, sueste de Turquía e suroeste de Irán. A poboación actual é de 40 a 50 millóns de persoas.
O Crecente Fértil ten un arquivo impresionante de actividade humana pretérita. Ademais de existir varios xacementos con restos óseos e culturais do home pre-moderno (e.g. na Cova de Kebara en Israel), de cazadores-recolectores do Plistoceno tardío e de cazadores-recolectores semisedentarios do Epipaleolítico (os Natufianos), esta área é máis coñecida polos seus xacementos relacionados coas orixes da agricultura. A zona occidental ao redor dos ríos Xordán e Éufrates superior veu nacer os primeiros asentamentos agrícolas neolíticos coñecidos (denominados Neolítico precerámico A), que data de sobre -9000 (e inclúe xacementos como o de Xericó). Esta rexión, ao longo de Mesopotamia (que está ao leste do Crecente Fértil, entre os ríos Tigris e Éufrates), tamén veu a irrupción das máis antigas sociedades complexas durante a Idade de Bronce. Tamén nesta rexión hai evidencia antiga de escritura e da formación de sociedades estatais. Isto fíxolle gañar a esta rexión o sobrenome de "O berce da Civilización."
Desde a Idade de Bronce, a fertilidade natural da rexión ampliouse grandemente mediante obras de irrigación, das que segue a depender gran cantidade da súa produción agrícola.
Sendo como son tan cruciais no crecemento da civilización no Crecente Fértil, os ríos non foron o único factor da precocidade da zona. O Crecente Fértil tiña un clima que propiciaba a evolución de moitas plantas anuais, que producen máis sementes comestíbeis cás perennes, e a tremenda variedade de elevación da rexión deu pé a antigos experimentos de cultivo de moitas plantas comestíbeis. O máis importante, o Crecente Fértil posuía os proxenitores salvaxes das oitos especies importantes na agricultura antiga (isto é: os proxenitores salvaxes de dúas variedades de trigo, cebada, liño, garavanzo, chícharo, lentella, ervella amarga), e de catro das cinco especies máis importantes de animais domesticados - vacas, cabras, ovella, e porcos - e a quinta especie, o cabalo, vivía nas súas proximidades.