Garavanzo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Garavanzo | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||
Cicer arietinum | ||||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O garavanzo (Cicer arietinum) é unha planta da familia das leguminosas, igual que o chícharo. Cultívase nas rexións mediterráneas e produce un gran comestíbel. Presenta unha dobre vantaxe: alto contido de glícidos asimilábeis e unha porcentaxe elevada en proteínas vexetais.
A planta do garavanzo mide de 20 a 50 cm de altura. O gran é redondo e acaba nunha punta. Ao cociñalo (sobre unha hora) conserva a súa forma.
Os seus principais constituíntes son: lípidos, amidón, azucres, sales minerais (fósforo, potasio, magnesio, calcio, sodio, silicio, ferro), arsénico, asparaxina e vitaminas C e B.
A produción mundial de garavanzo está cerca dos 8 millóns de toneladas. O garavanzo está ben adaptado aos climas de tipo mediterráneo, como España, Turquía, o Magreb et o sur da Francia. O seu cultivo mellora os solos secos e é excelente en rotación, principalmente ao terceiro ano despois do trigo duro.