Cristina Castaño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cristina Castaño é unha actriz galega nacida en Vilalba, Lugo.
Índice |
[editar] Biografía
Deuse a coñecer en Galicia grazas ó seu papel de Paula na serie da TVG Pratos Combinados.
No ano 2000 chégalle a oportunidade de incorporarse ó reparto de outra exitosa serie, esta vez a nivel nacional, Al salir de clase. Era un papel para o verán, pero quedou ata o final da serie, en 2002. Deste modo, abandonou Pratos Combinados, pasando o seu personaxe a ser interpretado por María Castro e converteuse nunha das promesas saídas da canteira do serial xuvenil de Telecinco.
Traballou ó lado de Concha Velasco no teatro, na obra Las manzanas del viernes.
Desde entón fixo cameos nalgunhas series nacionais e papeis pequenos nalgunhas películas, ademais de proxectos teatrais, e mesmo probou sorte no mundo da canción.
En 2005 volvió á TVG formando parte do elenco doutra serie, Cuarto sen ascensor.
Na actualidade é unha das protagonistas do musical Fama.
[editar] Películas
- XXL (2004), de Julio Sánchez Valdés. Como Rubia.
- Días azules (2006), de Miguel Santesmases. Como Elena.
[editar] Curtametraxes
- Alzheimer (2000), de Álvaro Sampayo.
[editar] Televisión
[editar] Personaxes fixos
- Pratos Combinados (2000-2001). Como Paula Barreiro. TVG.
- Al salir de clase (2000-2002). Como Lidia. Telecinco.
- Cuarto sen ascensor (2005). Como Lucía. TVG.
[editar] Personaxes episódicos
- El comisario (2002). Como Alexia. Telecinco.
- Siete Vidas (2005). Como Nuria.Telecinco.
- Hospital Central (2005) e (2006) (dous personaxes en dous episodios distintos).Telecinco.
- Con dos tacones (2006). La Primera de TVE.
[editar] Teatro
- Las manzanas del viernes (1999-2000)
- Fama, el musical (2006) Como Srta. Bell.