Distrito Federal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Distrito Federal e o nome que se da a unha cidade que ten por función ser a capital dun paÃs que se organize baixo o sistema de federación. A cidade escollida para Distrito Federal non se subordinará a ningunha unidade federativa (provincia ou estado) veciña - ningunha provincia ou estado terá xurisdición sobre ela. E tamén non pode ser, simultaneamente, capital de ningunha outra unidade da federación, para que se preserve os principios de autonomÃa das unidades federativas, e tamén de igualdade entre as mesmas. Conforme determine a constitución de cada paÃs, os distritos federais poden ter o seu gobernante nomeado polo goberno federal, ou elexido pola súa poboación. Cando se muda a capital dun paÃs organizado baixo o sistema federativo, o territorio da nova capital é destacado xeograficamente dunha ou máis provincias e pasa a ter, a partir do momento da creación da nova capital, un status administrativo diferenciado. Foi o que ocorreu en Brasil co a creación de Brasilia, separada administrativamente do veciño estado de Goiás.
Alguns exemplos de Distrito Federal son:
- Washington DC, nos Estados Unidos (que non se subordina ós veciños estados de Maryland e Virxinia);
- Brasilia, no Brasil;
- a cidade de Bos Aires, na Arxentina, que non se subordina á veciña provincia de Bos Aires;
- a Cidade de México, capital de México;
- a cidade de Caracas, en Venezuela.