Drácula
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Drácula, un clásico entre os libros de horror, escrito por Bram Stoker en 1897, é unha das representacións mais famosas do concepto de vampiro até hoxe. O libro deu lugar a unha longa serie de versións para o cine, o teatro e a banda deseñada.
O libro conta a historia de como a vida de varias persoas, entre elas o estudoso Van Helsing, foi afectada polo vampiro Conde Drácula. Interesante na obra é o pequeno retrato que o autor fai de alguns conceptos do século XIX, como a posición da muller na sociedade e a influencia da relixión na vida das persoas.
O castelo do conde Drácula fica na Transilvania, unha rexión da Romanía, no leste europeu. O castelo en que o conde Drácula naceu continua de pé na cidade de Sighisoara.