Epicuro de Samos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Epicuro de Samos, filósofo grego do período helenístico. O seu pensamento foi moito difundido e numerosos centros epicuristas se desenvolveron na Xonia, no Exipto e, a partir do século I, en Roma, onde Lucrecio foi o seu maior divulgador.
Índice |
[editar] Vida
Epicuro naceu en Atenas, en 341 a.C., mais aínda moi novo partiu coa familia para Samos. Retornou para a terra natal no 323 a.C..
Xa en Atenas, consta que Epicuro ouviu o filósofo académico Pánfilo. Con Nausífanes de Teo, discípulo de Demócrito de Abdera, Epicuro tería entrado en contato coa teoría atomista — da cal reformulou alguns pontos. Epicuro ensinou filosofía en Lampsaco, Mitilene e Cólofon ata que en 306 a.C. fundou súa propria escola filosófica, chamada O Xardín. Leccionou na súa escola ata a morte, en 270 a.C., rodeado de amigos e discípulos.
[editar] Filosofía e obra
Das numerosas obras escritas polo filósofo, só restaron tres cartas que versan sobre a natureza, sobre os meteoros e sobre a moral, e unha coleción de pensamentos. Estas cartas, cos fragmentos, foron colexidos po Hermann Usener baixo o título de Epicurea, en 1887.
[editar] A certeza
Segundo Epicuro, para atinxir a certeza é necesario confiar naquilo que foi recebido pasivamente na sensación pura e, por consecuencia, nas prenocións ou ideas xerais que se forman no espírito (como resultado dos dados sensibeis recebidos pola faculdade sensitiva).
[editar] O atomismo
Epicuro defendia ardorosamente a liberdade humana e a tranquilidade do espírito. O atomismo, acreditaba o filósofo, podería garantir ambas as cousas desde que modificado. A representación vulgar do mundo, cos seus deuses, o medo dos cais fixo que se cometesen os piores actos, é obstáculo á serenidade. Todas as doutrinas filosóficas, salvo o atomismo, participan desas supersticións.
No sistema epicurista, os átomos se atopon fortoitamente e esta é a grande modificación en relación ao atomismo de Demócrito (onde o atopo dos átomos é necesario). É este atopo fortoito que garante a liberdade (se así non fose, todo estaría baixo o xugo da Natureza) e garante a explicación dos fenomenos, súa elucidación, facendo con que posan ser explicados racionalmente. Así, ao comprender como opera a Natureza, o home pode librarse do medo e das supersticións que aflixe o espírito.
[editar] O pracer
A doutrina de Epicuro entende que o sumo ben reside no pracer e, por iso, foi unha doutrina moitas veces confundida co hedonismo. O pracer de que fala Epicuro é o pracer do sábio, entendido como quietude da mente e o dominio sobre as emocións e, portanto, sobre si mesmo. É a propria Natureza que nos informa que o pracer é un ben. Este pracer, sen embargo, apenas satisfaz unha necesidade ou aquieta a dor. A Natureza nos conduz a unha vida simples. O único pracer é o pracer do corpo e o que se chama de pracer do espírito é apenas lembranza dos praceres do corpo. O máis alto pracer reside no que chamamos de saúde. A función principal da filosofía é libertar o home.