Ernst Röhm
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ernst Julius Röhm (Munich, Alemaña, 28 de novembro de 1887 - † Munich, Alemaña, 2 de xullo de 1934). Militar alemán. Foi comandante e cofundador das SA (1931) e ministro sen carteira de Hitler (1933).
[editar] Biografía
Röhm foi un dos tres fillos de Julius Röhm e a súa esposa Emilie. Nacido en Munich, Röhm servíu como oficial co exército Bávaro durante a Primeira Guerra Mundial. Röhm acadou o rango de Oberleutnant co 13 Rexemento de Infantería Bavaro, e foi gravemente ferido na cara en setembro de 1914 en Lorraine, Francia. Posteriormente foi ascendido a Hauptmann.
Despois do fin da guerra en 1918 el uníuse ao Freikorps, unha das moitas milicias privadas que se formaron en Munich para combatir a insurrección comunista. En 1920 el converteuse en membro do Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns e axudou a organizar a Sturmabteilung (SA).