Escudo de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Santo Graal é o símbolo histórico que máis longo ven representando a Galicia como institución política. O Santo Graal aparece documentado por primeira vez como armas dos reis de Galyce no Armorial Segar de Inglaterra do ano c.1282.
A representación gráfica das armas do Reino de Galicia foi evolucionando continuamente através dos séculos; do orixinario Graal pechado nun relicario (armoriais Bergshammar, Suecia, 1436, e Gymnich, Flandres, 1445) pasouse á sua representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal Graal en campo liso sen nengún engadido pasou a conter decoración diversa como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis, sete, ou en campo sementado.
A estandarización gráfica moderna das Armas ou Escudo de Galicia foi establecida no ano 1972 pola Real Academia Galega.