Europa central
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Europa Central é a rexión que engloba ás nacións que se atopan na parte central de Europa. Non existe un acordo unánime sobre que territorios forman esta rexión. Adóitanse citar Alemaña, Austria, Suíza, Polonia, Hungría e Liechtenstein.
Outros países como Hungría, República Checa e Eslovaquia adoitan incluírse dentro desta zona, pero tamén dentro de Europa do leste.
Esta situación débese ás diferentes consideracións de carácter histórico máis ca xeográfico. Como consecuencia de ser o centro continental (tal como indica o seu nome), Centroeuropa viviu moitos cambios, sendo escenario de importantes movementos políticos e relixiosos.