Físico-Química
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Fisicoquímica é unha ciencia punto de encontro entre a química e a física que intenta estudar a materia desde o punto de vista físico.
De acordo ó renombrado químico estadounidense Gilbert Lewis, "A Físico química é calquera cousa interesante", probablemente referíndose ao feito que moitos fenómenos da natureza con respecto á materia son de principal interese na físicoquímica.
A físicoquímica representa unha rama onde ocorre unha combinación de diversas ciencias, como a física, química, termodinámica, electroquímica e a mecánica cuántica onde funciones matemáticas poden representar interpretacións a nivel molecular e atómico estrutural. Cambios na temperatura, presión, volume, calor e traballo nos sistemas, sólido, líquido e/ou gaseoso atópanse tamén relacionados a estas interpretacións de interaccións moleculares.
O químico estadounidense do século XIX Willard Gibbs é considerado o pai fundador da fisicoquímica, onde na súa publicación de 1876 chamada "On the Equilibrium of Heterogeneous Substances" (Estudo sobre o equilibrio de sustancias heteroxéneas) cruñou termos como enerxía libre, potencial químico, e regras de fase, que anos máis tarde serían de principal interese de estudo nesta disciplina.
A Fisicoquímica moderna ten firmes bases na física pura. Áreas de estudo moi importantes nela inclúen á termoquímica (termodinámica química), cinética química, química cuántica, mecánica estatística, electroquímica, química do estado sólido e de superficies, e espectroscopía. A fisicoquímica forma parte fundamental no estudo da ciencia dos materiais.
[editar] Fisicoquímicos destacados
- Svante Arrhenius
- Peter Debye
- Erich Hückel
- J.W. Gibbs
- J.H. van 't Hoff
- Lars Onsager
- Wilhelm Ostwald
- Linus Pauling
[editar] Ver tamén
[editar] Referencias
- P.W. Atkins, Physical Chemistry, Oxford University Press. ISBN 0-7167-3539-3.
- R.J. Hunter, Introduction to Modern Colloid Science, Oxford University Press. ISBN 0-1985-5386-2.
- M. Diaz Peña, A. Roig Muntaner, Química Física, Alhambra. Madrid. ISBN 84-205-0569-2.
- J. Bertran Rusca, J. Núñez Delgado, Química Física, Ariel, Barcelona. ISBN 84-344-8050-6.